Pedro Campos Calvo-Sotelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Campos
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Cuntis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportevela Editar o valor em Wikidata
Premios

Pedro Campos Calvo-Sotelo, nado en Cuntis o 6 de marzo de 1950, é un regatista galego, o máis laureado de España e un dos máis laureados do mundo. Foi 17 veces campión do mundo e 10 veces campión de España en diferentes modalidades de vela, ademais de conquistar ata en 11 ocasións a Copa do Rei de Vela, sendo o regatista con máis títulos desta competición.[1][2]

Desde 1999 é o presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo e director deportivo do equipo Team Telefónica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de Marcial Campos, empresario do mundo dos balnearios, e de Enriqueta Calvo-Sotelo, irmá do que fora presidente do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo.[3]

Aos tres anos comezou a navegar co seu pai nun galeón pola ría de Arousa,[3] e posteriormente ingresou no Real Club Náutico de Sanxenxo. Adxudicouse o seu primeiro título nacional na clase Snipe en 1968, en categoría xuvenil, e en 1970 proclamouse campión de España de Vaurien, título que conseguiu de novo en 1971, 1972, 1973, 1974, 1976 e 1978.[4] En 1976 sumou tamén ao seu palmarés o campionato de España de 470.

O seu primeiro cetro mundial chegou en Mónaco, onde conquistou xunto a Juan Santana o Mundial de Vaurien en 1976.[5] Tras varias pratas mundiais nos seguintes anos, en 1990 conseguiu de novo un título mundial, esta vez na clase de 3/4 de tonelada. Revalidou o título catro veces nos seguintes catro anos, converténdose no único patrón da historia da vela mundial en logralo, e sumou ademais o título mundial de media tonelada de 1992.[6]

Foi o patrón do primeiro equipo español que participou na Copa Louis Vuitton, na edición de 1992, buscando praza para a Copa América, co equipo Desafío Español do Monte Real Club de Yates de Baiona. Ademais, gañou co Bribón Telefónica Movistar a regata offshore na Admiral’s Cup de 2003, acabando a competición como o mellor español clasificado na historia da competición, cun segundo posto. En 2004 iniciou o proxecto do equipo Movistar para a Volvo Ocean Race 2005-06, repetindo con éxito na edición 2008-09. Foi ademais o patrón do Telefónica Negro nas regatas inshore da competición.

Ademais é o regatista con máis títulos da Copa do Rei de Vela, edición na que participou por primeira vez en 1986, a bordo do Atlántico. A súa primeira vitoria logrouna en 1993, xunto ao rei Xoán Carlos I no Bribón VIII.[2] No ano 2017 proclamouse en Vancouver, xunto a Xoán Carlos, campión do mundo de 6 metros, na modalidade de clásicos, título que revalidaron en 2019 en Hanko, Finlandia.[7][8]

Dende 1999 preside o Real Club Náutico de Sanxenxo.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Durante todo este tempo recibiu numerosos premios e condecoracións, entre os que destacan a Medalla de Prata de Galicia en 1992, a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo (máxima distinción deportiva en España), o Premio Nacional ao Mellor Regatista de 1999, o premio especial da Real Federación Española de Vela de 1999, o Premio Nacional ao Equipo do Ano en 2000 e 2001, o Premio Nacional de Vela como mellor patrón en 2002 e a Orde ao Mérito Olímpico e a Medalla Castelao en 2003.[10]

Persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Begoña Gil de Barroeta primeiro e con Cristina Franze despois, e ten dúas fillas. Mantén unha gran amizade co rei emérito Xoán Carlos de Borbón, xunto o que ten competido en numerosas ocasión.[3][11]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial de Vaurien
Ano Lugar Medalla Clase
1976 Montecarlo Medalla de ouro Ouro Vaurien
1979 España Donostia Medalla de prata Prata Vaurien
Campionato Mundial de 3/4 Tm
Ano Lugar Medalla Clase
1985 Marstrand Medalla de prata Prata 3/4 Tm
1988 Italia Elba Medalla de prata Prata 3/4 Tm
1990 Alemaña Alemaña Medalla de ouro Ouro 3/4 Tm
1991 Dinamarca Dinamarca Medalla de ouro Ouro 3/4 Tm
1992 Galicia Baiona Medalla de ouro Ouro 3/4 Tm
1993 España Palma Medalla de ouro Ouro 3/4 Tm
1994 España Santa Ponsa Medalla de ouro Ouro 3/4 Tm
Campionato Mundial de 1 Tm
Ano Lugar Medalla Clase
1987 Alemaña Kiel Medalla de prata Prata 1 Tm
Campionato Mundial de 1/2 Tm
Ano Lugar Medalla Clase
1992 Italia Italia Medalla de ouro Ouro 1/2 Tm
1993 Galicia Baiona Medalla de prata Prata 1/2 Tm
Campionato Mundial de ILC-30
Ano Lugar Medalla Clase
1998 Galicia Baiona Medalla de prata Prata ILC-30
Campionato Mundial de IMS/ORC
Ano Lugar Medalla Clase
2001 España Valencia Medalla de prata Prata IMS A
2002 Galicia Baiona Medalla de ouro Ouro IMS 600
2003 Italia Capri Medalla de ouro Ouro IMS A
2005 Alemaña Neustadt Medalla de ouro Ouro IMS 600
2008 España Lanzarote Medalla de ouro Ouro ORC 670
2009 Galicia A Coruña Medalla de ouro Ouro ORC 670
2015 España Barcelona Medalla de ouro Ouro ORC B
Campionato Mundial de Offshore por Equipos
Ano Lugar Medalla Clase
2004 Italia Sardeña Medalla de ouro Ouro Offshore
2008 Italia Sardeña Medalla de ouro Ouro Offshore
Campionato Mundial de 6 metros
Ano Lugar Medalla Clase
2017 Vancouver Medalla de ouro Ouro Clásicos
2019 Finlandia Hanko Medalla de ouro Ouro Clásicos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rivera, Almudena (30 de xullo de 2018). "Pedro Campos, el rey de Copas". Marca (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Pedro Campos, ganador de once Copas del Rey, el gran ausente en Palma" (en castelán). 28 de xullo de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Así es Pedro Campos, el hombre en el que se ha apoyado don Juan Carlos en los momentos más duros" (en castelán). 21 de setembro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  4. "«Teje-Cuero» campeón nacional de «vaurien»". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 1978. p. 38. 
  5. "Pedro Campos, campeón mundial de vela de la clase "Vaurien"". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 1976. p. 36. 
  6. "Mar tranquila y buen viento en la presentación de Nauta360º". Expansión (en castelán). 28 de marzo de 2011. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  7. "Dos años de esfuerzo llevan al triunfo al rey Juan Carlos y a Pedro Campos". Diario de Pontevedra (en castelán). 22 de setembro de 2017. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  8. "Don Juan Carlos y Pedro Campos firman otro título mundial" (en castelán). 9 de agosto de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  9. "El regatista Pedro Campos es el nuevo presidente del Club Náutico de Sanxenxo". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 21 de agosto de 1999. p. 46. 
  10. "DECRETO 167/1995, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla de Castelao no ano 1995." (116). 19 de junio de 1995: 4.596. 
  11. "Así es Pedro Campos, el íntimo de don Juan Carlos que triunfa en las regatas de Sanxenxo" (en castelán). 19 de xullo de 2021. Consultado o 2 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]