Cesáreo Corbal
Cesáreo Corbal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de febreiro de 1884 |
Berdeogas | |
Falecemento | 7 de decembro de 1952 |
Soterrado | Cemiterio de Pereiró |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | médico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cesáreo Corbal Lema, nado en Berdeogas, Dumbría, o 26 de febreiro de 1884 e finado en Vigo o 7 de decembro de 1952[1], foi un médico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un dos fillos de José Corbal Pintos, mestre canteiro, e Josefa Lema López, labradores podentes. Fixo medicina na universidade de Santiago de Compostela, rematando os estudos en 1907. Instalou consulta primeiramente en Chapela e despois en Teis, daquela pertencente ao Concello de Lavadores. Asociándose co médico redondelán Manuel Amoedo Acuña, fundou, na rúa Sagunto, o Sanatorio de Santa Cristina de Lavadores, "El Magnolio", pechado en 2009. Tamén atendeu pacientes no Edificio Banco de Vigo, despois Edificio Banco Pastor. Viviu desde 1926 na subida ao Monte da Guía e despois na rúa Purificación Saavedra.
Durante a Segunda República formou parte da directiva do Partido Republicano Conservador. Durante a Guerra Civil foi mobilizado, traballando no hospital que se instalou no terreo dos xesuítas de Teis.
Fixo unha labor altruísta, asistindo aos que non tiñan medios para pagarlle, o que lle valeu o sobrenome de "o médico dos pobres".[2][3][4]
Casou dúas veces e tivo tres fillos (do primeiro matrimonio).
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1926, sendo Honorato Fernández alcalde de Lavadores, puxéronlle o seu nome a rúa que vai dos Caños cara o Monte da Guía. Na fachada do Edificio Banco Pastor hai unha placa na súa memoria. O escultor Francisco Asorey fíxolle un monumento, instalado no Cemiterio de Pereiró en 1953.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxicas Hoja Oficial del Lunes Num. 12 (8/12/1952).
- ↑ Giráldez Lomba 2010, p. 41.
- ↑ Lamela 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Lamas, Jorge et al. (13/1/2016). "Cesáreo Corbal, el dumbriés que fue calificado como el médico de los pobres en Lavadores-Vigo". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cesáreo Corbal ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 41. VG 955-2010.
- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 121. ISBN 84-87379-47-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lamela, Luis (28/12/2020). "Un dumbriés, médico de los pobres en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán).