Pablo Pérez Costanti
retrato en Vida Gallega, 1910 | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de decembro de 1857 Santiago de Compostela |
| Morte | 19 de setembro de 1938 Santiago de Compostela |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, autor, arquiveiro |
| Membro de | |
| Familia | |
| Parentes | Xosé Pérez Ballesteros, tío |
Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938,[1] foi un arquiveiro e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pablo Pérez Ballesteros (irmán de Xosé Pérez Ballesteros) e María del Carmen Costanti, foi bautizado na Colexiata de Santa María a Real do Sar cos nomes de Pablo Antonio Pedro Crisólogo. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e algunhas materias de Farmacia.[2]
Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela dende 1885, en substitución de Bernardo Barreiro, e traballou nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos. Fundou o periódico El Organillo (1883) e colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega.
Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico fundador da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Obras
[editar | editar a fonte]- Biografía del escultor Ferreyro, 1898.
- Historia del periodismo santiagués, 1905.
- Notas viejas galicianas, 1925-1927.
- Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII, 1930.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Retrato en Vida Gallega, 1929
- Sepulcro no cemiterio de Boisaca.
- Necrolóxica en El Eco de Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pablo Pérez Costanti". El Eco de Santiago (en castelán). 19 de setembro de 1938. p. 2.
- ↑ Bouza-Brey, Fermín (1957). "Lección y gloria de Pérez Costanti". Boletín da Real Academia Galega (321-326): 4–8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Pablo Pérez Costanti". Real Academia Galega.
- "Artigos de Pérez Costanti". Boletín da RAG.