Xosé Carro Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Carro Otero
Nacemento31 de xullo de 1942
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Ignacio Carro Otero, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1942, é un médico, antropólogo, docente e académico galego, ademais de destacado investigador da historia e da arte, especialmente das compostelás.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro dunha coñecida familia compostelá (é sobriño de Xesús Carro García e curmán de Francisco Xavier Carro Rosende) xa desde moi novo interesouse fondamente, por un lado, na bioloxía e na antropoloxía e, por outro, na arte de Compostela,[1] (antes de rematar o bacharelato xa era un especialista na catedral de Santiago, onde traballou de guía e onde levaba aos seus amigos e compañeiros a visitar o seu tellado, nunca época na que estas visitas non eran doadas).

Para perfeccionar a súa formación en antropoloxía e arqueoloxía percorreu diversos museos e institucións antropolóxicas europeas, como o Deutsch Archeologischer Institut, onde estudou a técnica antropolóxica de campo (1968-70), asistindo, entre outros, aos cursos XI Corso di Prospezioni Acheologiche no Instituto Lerici de Roma (1974) e o I Curso de Antropología Forense na Universidade Complutense, Madrid (1976).[2]

[editar | editar a fonte]

Na facultade de Medicina da universidade de Santiago foi, sucesivamente, alumno interno de Anatomía e profesor de Anatomía Humana Descritiva e Topográfica, coas súas Técnicas Anatómicas. Nesta universidade licenciouse en medicina, obtendo o título de doutor pola mesma en 1971 coa tese titulada Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego.[2]

Entre 1970 e 1973 foi profesor de Antropoloxía na facultade de Bioloxía da universidade de Santiago. Entre 1970 e 1991 foi, ademais, profesor de Bioloxía humana e de Historia da Medicina.

En 1973 foi nomeado, por oposición, profesor adxunto de Anatomía na facultade de Medicina de dita universidade, da que foi Secretario e director do Departamento de Anatomía.

Académico[editar | editar a fonte]

O día 11 de xuño de 1993 ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, ocupado a Cadeira Historia da Medicina.[2] En 2014 é o presidente desta douta institución,[2] na que desempeñou desde o ano 1994 os cargos sucesivos de bibliotecario, vicesecretario e secretario xeral.[3] Ademais, é Asesor Especial do Presidente da Xunta de Galicia.[2]

É membro correspondente das Reales Academias españolas de Medicina, de la Historia y de Bellas Artes; Académico de Mérito da portuguesa da Historia e correspondente das tamén portuguesas das Ciências e Belas-Artes, e correspondente da Academia de la Historia de la República Dominicana.

Entre outras institucións pertence, tamén, á Sociedad Anatómica Española, ás Sociedades portuguesas de Antropología e Etnología, de Estomatología Arqueológica, de Historia da Medicina e de Filosofía Médica.

Desde o 22 de outubro de 1967 é membro correspondente da Real Academia Galega.[4]

Liñas de investigación[editar | editar a fonte]

As súas principais áreas de investigación son a anatomía, a antropoloxía física e a historia da Medicina, materias nas que dirixiu 18 teses de licenciatura e 4 teses de doutoramento. Publicou máis de 50 artigos especializados e outros 259 —de temática médica e paramédica— en periódicos e revistas.

Realizou numerosas investigacións antropolóxicas sobre a poboación galega actual, analizando os grupos sanguíneos do sistema AB0, e os dermatóglifos palmares e dixitais.

Pronunciou cerca de 900 conferencias, en máis de 14 países, a maioría delas sobre antropoloxía, historia da medicina e hidroloxía médica.[5]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Foi o secretario dos Comités Organizadores do VI Congreso de la Sociedad Anatómica Española e da IX da Luso-Hispano-Americana de Anatomía (1968) e do “VI Congreso das Reais Academias Nacionais de Medicina” (1999). Achegou 50 relatorios a diversos Congresos nacionais e internacionais.

Organizou 4 exposicións histórico-médicas: dúas sobre a Escola Médica Compostelá (1967 e 1968); a conmemorativa do profesor Nóvoa Santos (1983), e a conmemorativa do profesor Rodríguez Cadarso, así como unha mostra antolóxica do libro anatómico antigo (1984), e creou un Museo Médico permanente radicado en Santiago de Compostela (1975).

[editar | editar a fonte]

En Galicia participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (necrópoles de Ropupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, Covas do Rei Cintolo, vila e necrópole de Medos e estación de monte de O Cribo).[1]

Premios distincións e condecoracións[editar | editar a fonte]

Bolsas de estudos[editar | editar a fonte]

  • Iniciación a la investigación (1967)
  • Fomento a la investigación” (1969)
  • Bolsa de estudos do Ministero Italiano degli Affari Esteri (1974)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Gallego del Año, de El Correo Gallego, correspondente a abril de 1998.
  • Insignia de Ouro da asociación Fillos e Amigos da Estrada (1992)
  • Centolo de Ouro do Concello do Grove (1990)
  • Salmón de Ouro do Concello da Estrada.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Españolas
  • Orden Civil de Sanidad (Encomenda)
  • Orden del Mérito Civil (Encomenda con placa)
  • Orden del Mérito Naval (Gran Cruz)[6]
Portuguesas

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

Anatomía humana e Historia da Medicina[editar | editar a fonte]

  • 1982 — Seminarios de Historia de la Medicina.
  • 1884 — Prácticas de Biología Humana.
  • 1984 — Seminarios de Biología Humana.
  • 1988 — Materiais para unha Historia da Medicina Galega (2 vols.). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. ISBN 978-84-453-2363-2 / ISBN 978-84-453-2361-8.

Arte[editar | editar a fonte]

  • 1974 — Museo de Arte Sacro del Momasterio de San Pelayo de Antealtares.
  • 1976 — Guìa de Santiago de Compostela.
  • 1993 — Boente. Xunta de Galicia / Casa de Galicia. ISBN 84-453-0704-5.
  • 1997 — Santiago de Compostela. León: Editorial Everest. ISBN 84-241-3625-X.
  • 2012 — Cátredra 'Jorge Juan'. Ciclo de conferencias: curso 2010-2011. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-532-5.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]