Manuel Puente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Puente
Manuel Puente González.jpg
Nacemento16 de agosto de 1890
Lugar de nacementoSalvaterra de Miño
Falecemento24 de marzo de 1970
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Puente González, nado en Salvaterra de Miño o 16 de agosto de 1890 e finado en Buenos Aires o 24 de marzo de 1970, foi un empresario e galeguista da Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos trasladouse a Barcelona, onde traballou nunha tenda téxtil ata 1905. Emigrou a Buenos Aires en 1906, onde se dedicou a actividades comerciais. En 1919 fundou a Empresa Manuel Puente e Compañía, que se converteu na máis importante casa de xoiería e de pratería da Arxentina. Formou parte da directiva da Cámara de Comercio Española, da que dimitiu para cofundar a Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles en 1936. Foi directivo da Federación de Sociedades Gallegas e presidente da Unión Progresista do distrito de Salvaterra de Miño. A finais dos anos vinte inaugurou en Salvaterra de Miño a Casa do Pobo. Contribuíu á fundación do Consello de Galicia, foi membro de honor do Centro Provincial Ourensán e Pontevedrés, fundou a Editorial Nós e patrocinou o periódico Correo de Galicia.

Fundación Manuel Puente[editar | editar a fonte]

A súa filla Rosa Puente Foglia creou en Buenos Aires a Fundación Manuel Puente que ten como obxectivos a conservación e difusión do seu arquivo persoal, a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas, e a catalogación dos fondos documentais e editoriais das institucións galegas establecidas na Arxentina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]