Ángel Llanos
| Nome orixinal | Ángel Llanos González |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 24 de xuño de 1915 Vigo |
| Morte | 16 de outubro de 2012 Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | Fotógrafo e xornalista, |
| Familia | |
| Cónxuxe | Juana Fernández García. |
| Fillos | Tres. |
| Pai | Francisco Miguel Llanos Trápaga |
Ángel Llanos González, nado en Vigo o 24 de xuño de 1915 e finado ibídem o 16 de outubro de 2012, foi un fotoxornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do fotógrafo Francisco Miguel Llanos Trápaga e neto do tamén fotógrafo Francisco Llanos Mas, tivo unha dilatadísima actividade profesional, mesmo durante a Guerra Civil Española.
Tras anos de infrutuosas negociacións co Concello de Vigo, o fondo fotográfico Arquivo Ángel LLanos, de preto dun millón de imaxes, foi vendido no ano 2009 á Consellería de Cultura por 180 305 euros, con destino ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, pendente da apertura en Vigo do Centro Galego de Fotografía,[1] proxecto que non callou pois finalmente en Vigo abriu o Centro de Arte Fotográfica municipal, para pechar aos poucos días.
O seu concello dedicoulle unha rúa no ano 2004. A Federación Galega de Prensa Deportiva premiouno en 2007 dobremente[2] e recibiu da Asociación da Prensa da Coruña o premio de honra Juan Cancelo de fotoxornalismo en 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adquisición do fondo fotográfico Arquivo Ángel Llanos, 2009, DOG.
- ↑ 3ª Gala dos Premios Galicia de Periodismo Deportivo Arquivado 07 de xuño de 2013 en Wayback Machine. A Coruña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Llanos González, Ángel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Sensacións, homenaxe a Ángel Llanos (ed. trilingüe), Concello de Vigo, 1996, ISBN 84-87637-31-0.
- González Martín, Xerardo (2010). Ángel Llanos, fotógrafo. Reportaxe. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-320-5.