Patricia Arias Chachero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patricia Arias Chachero
Patricia Arias Chachero.jpg
Nacemento6 de outubro de 1972
Lugar de nacementoPonferrada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesora e investigadora
Na rede
Dialnet: 1464052
editar datos en Wikidata ]

Patricia Arias Chachero, nada en Ponferrada o 6 de outubro de 1972, é unha profesora e filóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a licenciatura de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1995 e 1998 foi bolseira da Fundación Otero Pedrayo, autor da que é especialista.[1] Foi secretaria da Fundación entre 2015 e maio de 2017. No 2020 asume de novo a secretaría da entidade.

Entre 2007 e 2008 formou parte do consello de redacción de Longalingua. Revista Galega de Lingua e Sociedade, da Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2011 forma parte do consello de redacción de Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista. Desde 2019 forma parte do Consello de Administración da Editorial Galaxia. Ten colaborado en publicacións como Grial, A Nosa Terra, Madrygal, Barbantia ou a revista dixital Cómaros verdes.

É profesora de Lingua e Literatura galega no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. Con anterioridade impartiu docencia no IES de Brión e no IES As Bizocas do Grove.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Vida e obra de María Mariño (Ed. Galaxia, 2007)
  • Lingua e Literatura galega. 1º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2008; con Mercedes Álvarez, Xesús Román Laiño e Antón Riveiro Coello)
  • Lingua e Literatura galega. 2º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2009; con Serafín Alonso Pazos, Mercedes Álvarez, Manuel Forcadela e María Xesús Nogueira)
  • Mecas. A memoria das mulleres (Imagraf, 2009; coordinadora)
  • Mecos. A memoria dos homes (Imagraf, 2010; coordinadora)
  • As colareiras do Grove (Todogrove Edicións, 2010; con Antón Mascato)
  • Trasalba, terra literaria. Unha viaxa a través da obra de ROP (Ed. Galaxia, 2011)
  • Na casa grande de don Ramón (Ed. Galaxia, 2011; caderno de exercicios)
  • Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (Ed. Galaxia, 2017; con Afonso Vázquez-Monxardín)
  • Dicionario dos alcumes do Grove (Nova Galicia Edicións, 2011; con Arximiro Fernández Cabanelas, Rosabel Magdalena e Antón Mascato.
  • Talasonimia do Grove (Difusora de Letras e Ideas, 2013; coordinadora)
  • Aquilino Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa como poeta e incitador literario (concello de Vilagarcía de Arousa, 2017; con epílogo de Xesús Alonso Montero)

Editora[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Primeiro premio do Certame Literario-pedagóxico sobre a poesía de Lorenzo Varela, convocado polo Concello de Monterroso (2017).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]