CiNii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do CiNii.

CiNii é un servizo de referencias bibliográficas, ou base de datos bibliográfica, de material incluído nas bibliotecas académicas xaponesas, que se centra especialmente en obras en xaponés e inglés publicadas no Xapón. Permite realizar, de balde, procuras de información académica en artigos, libros e disertacións.[1] A base de datos foi fundada en abril de 2005 e o seu mantemento corre ó cargo do National Institute of Informatics.[2] O servizo de procuras nas bases de datos é mantida polo propio NII, así como as bases de datos achegadas pola Biblioteca Nacional da Dieta do Xapón, repositorios institucionais, e outras organizacións.[3]

A base de datos contén máis de 17 millóns de artigos de máis de 7000 publicacións.[4][1] Un mes normal (en 2012) recibía máis de 30 millóns de accesos de 2,2 millóns de visitantes individuais, e é a maior e máis completa base de datos da súa clase no Xapón.[5] Aínda que a base de datos é multidisciplinar, a maior parte das consultas que recibe é no campo das ciencias humanas e sociais, se cadra porque CiNii é a única base de datos que cobre traballos académicos xaponeses nese eido (a diferenza das ciencias naturais, formais, e médicas que se benefician doutras bases de datos).[6]

Identificadores[editar | editar a fonte]

A base de datos asigna un identificador único, NII Article IDE (NAID), a cada unha das súas entradas de artigos de revistas.[5] Para os libros emprégase un identificador diferente, o NII NACSIS-CAT IDE (NCID).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "About CiNii". 
  2. 大向一輝 (Ohmukai, Ikki). "学術情報プラットフォームとしてのCiNii" (301). CA1691. 
  3. "CiNii Articles - CiNii Articles Incorporated Databases". 
  4. "CiNii Articles - CiNii Articles Download the list of available journals". 
  5. 5,0 5,1 大向一輝 (Ohmukai, Ikki). "System design and data modeling of CiNii articles" (11). 
  6. 日詰梨恵 (Hizume, Rie); 逸村裕 (Itsumura, Hiroshi). "CiNii 収録率から見たわが国の学術情報電子化の現状:人文学4領域を対象に".