Rosario Álvarez Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Rosario Álvarez Blanco
Rosario Álvarez Blanco.jpg
Nacemento 12 de xuño de 1952
  Pontevedra
Nacionalidade España
Educada en Universidade de Santiago de Compostela
Cónxuxe Xosé Xove Ferreiro
Fillos Brais, Irima e Daniel
editar datos en Wikidata ]

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).[1] É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega,[2] converténdose na primeira muller en presidilo.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974). Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego, desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área Filoloxías Galega e Portuguesa. Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios. Entre os cargos académicos máis relevantes ocupados ata agora están o de directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), vicerreitora de Profesorado (1990-1994) e a presidencia do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).

O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar, contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013. Sucedeu a A. Santamarina á fronte do Seminario de Gramática da RAG. É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega, foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018.[4]

Predecesor:
Manuel González González
 Tesoureira da RAG 
2013 - 2017
Sucesor:
Marilar Aleixandre


Predecesor:
Ramón Villares
 Presidente do Consello da Cultura Galega 
2018 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Investigación[editar | editar a fonte]

A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:

É autora, xunto con Xosé Xove e Henrique Monteagudo, da Gramática da lingua galega editada na Editorial Galaxia

En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 

Obra[5][6],[editar | editar a fonte]

  • Rosario Álvarez Blanco (1983): "O artigo en galego: morfoloxía", Verba 10, 169-182.
  • Rosario Álvarez (1984): "Emprego estilístico das variantes lingüísticas na súa obra narrativa", en Presencia de Armando Cotarelo en Galicia. Santiago: Dirección Xeral de Cultura, Xunta de Galicia, 101-l32.
  • Álvarez, X. L. Regueira e H. Monteagudo (1986): Gramática Galega. Vigo: Galaxia.
  • Rosario Álvarez (1988): "Caracterización e aspectos dinámicos dunha situación lingüística conflictiva: o caso galego", en R. Alemany Ferrer (ed.): Els processos de normalització lingüística a l'Estat espanyol actua. Ajuntament de Benidorm / Universitat d'Alacant, 83-109.
  • Rosario Álvarez (1988): "Consideracións sobre a metafonía nominal galega", en D. Kremer (ed.): Homenagem a Joseph M. Piel por ocasiâo do seu 85º aniversário. Tübingen: Max Niemeyer / Instituto de Cultura e Língua Portuguesa / Consello da Cultura Galega, 141-157.
  • Rosario Álvarez (1988): "Escribir en galego: Otero Pedrayo", en Otero Pedrayo na revista Nós: 1929-1936 (Escolma). [Selección do] Departamento de Filoloxía Galega; Estudo lingüístico por R. Álvarez Blanco; Estudo Literario por Anxo Tarrío Varela. Santiago: USC, 9-23.
  • Rosario García / A. Santamarina et alii (1990): Atlas Lingüístico Galego. Volume I: Morfoloxía Verbal [coord. Francisco Fernández Rei]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
  • Rosario Álvarez (1990): "As ideas lingüísticas de Antonio Couceiro Freijomil", en Homenaje al polígrafo eumés Don Antonio Couceiro Freijomil en el primer centenario de su nacimiento / 1888-1988, A Coruña: Deputación Provincial, 89-100.
  • Rosario Álvarez (1991): "Comparación dos sistemas fonolóxicos do galego e do portugués", en D. Kremer (ed.): Actes du XVIIIè Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes (Univ. de Trèves (Trier) 1986). III. Grammaire diachronique et histoire de la langue. Dialectologie et géographie linguistique. Textes non-littéraires. Tübingen: Max Niemeyer, 517-530.
  • Rosario Álvarez (1991): "Á procura dunhas bases para a unificación: a contribución de Antonio Couceiro Freijomil", en Brea, M. & Fernández Rei, F. (coords.): Homenaxe ó Profesor Constantino García. Santiago: USC, II 19-32.
  • Rosario Álvarez (1992): "A lingua galega en Celso Emilio Ferreiro. VII. Nexos e sintaxe", en Álvarez, R. (ed.): Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro. Santiago: USC, I 7-8 e 177-261.
  • Rosario Álvarez (1994): "Secuencias de pronomes átonos en galego moderno", en R. Lorenzo (ed.): Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, Santiago de Compostela, 1989, VI 247-265.
  • R. Álvarez (1994): "Gramática descritiva e gramática prescritiva", Cadernos de Lingua 10, 19-36.
  • Rosario Álvarez (1994): "Unha ollada moderna sobre a lingua dos nosos devanceiros", en E. Fidalgo e P. Lorenzo Gradín (eds.): Estudios galegos en homenaxe ó Profesor Giuseppe Tavani. Santiago de Compostela: CILL Ramón Piñeiro, 153-167.
  • Rosario Álvarez (1994): "As formas do dativo e a expresión do número en galego medieval: lle / lles, llo / llelo", Verba 21, 133-166.
  • Rosario Álvarez e H. Monteagudo (1994): "Evolución lingüística interna I. Gramática", en G. Holtus, M. Metzeltin e Ch. Schmitt (eds.): Lexicon der Romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer, VI, 2, 1-22.
  • C. García / A. Santamarina et alii (1995): Atlas Lingüístico Galego. Volume II: Morfoloxía non verbal [coord. Rosario Álvarez]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
  • Rosario Álvarez (1996): "Na estrema do galego: a lingua do Bierzo Baixo transmitida por Fernández y Morales", Lorenzo, R. & Álvarez, R. (eds.): Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta, Santiago: USC, 157-202 [reimpresión en Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos, 49-108].
  • R. Álvarez (1996): "Posición do pronome átono en construccións de infinitivo e xerundio", Verba 23, 11-35.
  • R. Álvarez (1997): "Variación diatópica no Coloquio de Sarmiento", en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995) (Santiago de Compostela, 29 de maio - 3 de xuño de 1995). Santiago: CCG, II 131-154.
  • Rosario Álvarez (1997): "A posición do pronome átono en construccións de infinitivo e xerundio en galego antigo", en I. Castro (ed.): Actas do XII Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüistica (Braga-Guimaraes), 30 de Setembro a 2 de Outubro de 1996, II 7-29.
  • Rosario Álvarez (1997): "O complemento de solidariedade. A complicidade entre os interlocutores", en B. Fernández Salgado (ed.): Proceedings of the 4th International Conference of Galician Studies / Actas do IV Congreso Internacional de Estudios Galegos (Universidade de Oxford, 26-28 Setembro 1994). Oxford: Center for Galicien Studies, I 37-53.
  • Rosario Álvarez & H. Monteagudo (1998): "¿Sedia·m'eu? A propósito do incipit da cantiga de Meendiño", en X. L. Couceiro e L. Fontoira (eds.) (1998): Martín Codax, Mendiño, Johán de Cangas: Día das Letras Galegas 1998. Santiago de Compostela: USC, 45-64.
  • Rosario Álvarez & X. Xove (1998): "Lingua e variación dialectal na Crónica Xeral Galega", en D. Kremer (ed.): Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, I 29-58.
  • Rosario Álvarez (1998): "Secuencias de pronomes átonos en galego medieval", en G. Ruffino (ed.): Atti del XXI Congresso Internazionale di Linguistica e Filologia Romanza (Centro di Studi Filologici e Linguistici Siciliani, Università di Palermo, 18-24 settembre 1995). Vol. 1.Grammatica storica delle lingue romanze. Tübingen: Max Niemeyer, 13-23.
  • Rosario Álvarez (1999): "Porque non todos somos iguais. Achegas ó estudio do tratamento en galego", en R. Álvarez e D. Vilavedra (eds.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó Prof. Xesús Alonso Montero. Santiago: USC, I 207-228.
  • Rosario García / A. Santamarina et alii (1999): Atlas Lingüístico Galego. Vol. III: Fonética [coord. Manuel González]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
  • Rosario Álvarez (1999): "Entre min e ti", en X. L. Couceiro et alii (eds.): Homenaxe ó Prof. Camilo Flores. Santiago: USC, I 117-141.
  • Rosario Álvarez (2000): "O redobro de a + FN en galego moderno", en R. Vieira de Castro e P. Barbosa (eds.): Actas do XV Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüística (Faro, 29 set.-1 out. 1999). Braga: APL, I 75-93.
  • Rosario Álvarez / X. Xove (2000): "Contribución ó estudio do léxico de J. M. Pintos", en J. L. Rodríguez (ed.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Tomo I: A obra de Ricardo Carvalho Calero. Lingüística. Santiago: USC, 369-409.
  • Rosario Álvarez (2000): "¡Vivan eles, vivan elas!: achega ó estudio do tratamento en galego", en Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Universitat de Barcelona, 149-155.
  • Rosario Álvarez (2000): "Fuco G. Gómez: Grafía galega, Habana 1927", en D. Kremer (ed.): Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos: Un século de Estudios Galegos. Galicia fóra de Galicia. La Habana 17-21 de abril do 2000. Trier: Galicien-Zentrum der Universität Trier / Ediciós do Castro, I 3-18.
  • Rosario Álvarez (2001): "El vai ben así: pervivencia e construccións de el invariable", Cadernos de Lingua 23, 5-33.
  • Rosario Álvarez (2001): "O don da palabra", en Xornadas sobre Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 201-215.
  • Rosario Álvarez e Xosé Xove Ferreiro (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia .
  • Rosario Álvarez (2002): "Topónimos en -edo / -ido", en A. I. Boullón Agrelo /ed.): Actas do XX Congreso Internacional de Ciencias Onomásticas. Santiago de Compostela, 20-25 de setembro de 1999. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega, I 87-101.
  • Rosario Álvarez (2002): "El foy a primeira vez: testemuños antigos de el invariable", en R. Lorenzo (ed.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: USC, 23-36.
  • Rosario Álvarez & X. L. Rodríguez Montederramo (2002): "O Diálogo de Alberte e Bieito. Dramaturxia, elites letradas e escrita en galego a fins do século XVI", Boletín da Real Academia Galega 363, 241-311 [inclúe facsímile].
  • Rosario Álvarez (2002): "Gramática contrastiva do portugués e o galego: o diminutivo", en L. Iglesias Rábade et alii (eds.): Studies in contrastive linguistics: proceedings of the 2nd International Contrastive Linguistics Conference (Santiago de Compostela, October, 2001). Santiago: USC, 91-107.
  • Rosario Álvarez (2002): "Viño novo en odres vellos: os nomes do millo", en R. Álvarez, F. Dubert García e X. Sousa Fernández (eds.): Dialectoloxía e léxico. Santiago: ILG / CCG, 69-94.
  • Rosario Álvarez (2002): "O legado lingüístico de Martín Sarmiento", en Congreso sobre Frei Martín Sarmiento. Actas das xornadas celebradas en Pontevedra os días 23, 24 e 25 de maio de 2002. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 71-88.
  • Rosario Álvarez (2002): Actas do XX Congreso Internacional de Ciencias Onomásticas. Santiago de Compostela, 20-25 de setembro de 1999, A. I Boullón Agrelo (ed.), A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega, vol. I, 87-101.
  • Rosario Álvarez / Francisco Dubert García / Xulio Sousa (2002): Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega: "Dialectoloxía e léxico".
  • Rosario Álvarez (2003): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua, Henrique Monteagudo / X. M. Bouzada (coords.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 131-163, 455-457.
  • Rosario Álvarez (2003): Galicien Magazin, 14, 33-39 [Galicien-Zentrum der Universität Trier]: “Enfiando doas. O cultivo escrito do galego nos séculos XVI e XVII”.
  • Rosario Álvarez (2003): Ensayos poéticos en dialecto berciano / por el comandante de infanteria e inspector provincial de estadística, D. Antonio Fernández y Morales, con una introducción sobre lenguas, dialectos, subdialectos y jergas en general, Antonio Fernández Morales ([1861] 2003), Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos, 49-108 [reedición de 1996] .
  • Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2003): Boletín da Real Academia Galega, 364, 249-305 [inclúe facsímile]: “Escrita poética en galego a fins do século XVI: a «Canción galega en loor de don Diego das Mariñas Parragués»”.
  • Antón Santamarina / Rosario Álvarez / Francisco Fernández Rei / Manuel González González (2003): A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza:Atlas Lingüístico Galego. Volume IV: Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico.
  • Rosario Álvarez / Francisco A. Cidrás Escáneo / Ernesto X. González Seoane / Xosé Luís Regueira Fernández / Xosé Xove Ferreiro (2004): A lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional (Santiago de Compostela, 16-20 de setembro de 1996), Rosario Álvarez / Francisco Fernández Rei / Antón Santamarina (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, II, 521-525.
  • Rosario Álvarez / Francisco A. Cidrás Escáneo / Ernesto X. González Seoane / Xosé Luís Regueira Fernández / Xosé Xove Ferreiro (2004): Norma lingüística e variación, Rosario Álvarez Blanco / X. Henrique Monteagudo Romero (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 61-69.
  • Rosario Álvarez / Xosé Xove Ferreiro (2004): Iucundi acti labores.Estudios en homenaje a Dulce Estefanía, Teresa Amado Rodríguez et aliae (ed.), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 501-525.
  • Rosario Álvarez / Xosé Xove Ferreiro (2004): (Dis)cursos da escrita. Estudios de filoloxía galega en memoria de Fernando R. Tato Plaza, Rosario Álvarez / Antón Santamarina (eds.), A Coruña: Instituto da Lingua Galega / Fundación Pedro Barrié de la Maza, 35-64.
  • Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2004): Boletín da Real Academia Galega, 365, 253-291 [inclúe facsímile] .
  • Rosario Álvarez (2004): A lingua galega: historia e actualidade, Rosario Álvarez / Francisco Fernández Rei / Antón Santamarina (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, vol. 4, pp. 23–42.
  • Rosario Álvarez / Mónica Ares / Francisco Dubert García / Mario Romero / Xulio Sousa / Marta Negro Romero (2004): Simposio Lingua e Territorio, Santiago de Compostela, novembro – decembro 2004: "Clasificación dialectométrica das variedades xeográficas do galego”, “Isoglosas fonéticas, morfolóxicas e léxicas no territorio lingüístico galego”.
  • Rosario Álvarez (2004): Novi te ex nomine: Estudos filolóxicos ofrecidos ao Prof. Dr. Dieter Kremer, Ana Isabel Boullón Agrelo (ed.), A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 41-58.
  • Rosario Álvarez / Antón Santamarina / Francisco Fernández Rei (2004): Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega: "A Lingua Galega. Historia e Actualidade: Actas do I Congreso Internacional".
  • Rosario Álvarez / Xosé Xove Ferreiro (2005): As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo, Ana Isabel Boullón Agrelo / Xosé Luís Couceiro / Francisco Fernández Rei (eds.), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 19-40.
  • Rosario Álvarez (2005): Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Lugo: El Progreso - Diario de Pontevedra / Gran Enciclopedia Gallega - Silverio Cañada Editor, vol. 30, 217-219: "Morfoxintaxe".
  • Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2005): Boletín da Real Academia Galega, 366, 225-303: “Escrita epistolar en galego: a correspondencia de don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar (1567-1626) (II)”.
  • Rosario Álvarez (2005): Norma lingüística e variación, Rosario Álvarez Blanco / X. Henrique Monteagudo Romero (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 359-376.
  • Rosario Álvarez / Francisco Dubert García / Xulio Sousa / Marta Negro Romero (2005): A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza: Atlas Lingüístico Galego. Volume V: Léxico. O ser humano (I).
  • Rosario Álvarez / Henrique Monteagudo (2005): Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega: Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o galego.
  • Rosario Álvarez (2006): I Encontro de Estudos Dialectológicos, M. C. Rolão Bernardo / H. Mateus Montenegro (eds.), Ponta Delgada: Instituto Cultural de Ponta Delgada: “Os nomes do Erithacus rubecula en galego”.
  • Rosario Álvarez / Francisco Dubert García / Xulio Sousa (2006): Lingua e territorio, R. Álvarez Blanco / F. Dubert García / X. Sousa Fernández (eds.), Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega: “Aplicación da análise dialectométrica aos datos do Atlas Lingüístico Galego”.
  • Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2006): Boletín da Real Academia Galega, 367, 141-193 [inclúe facsímile]: "Un prego solto en galego en defensa do liberalismo: «A parola poléteca», de 1822".
  • Rosario Álvarez (2006): ‘Dicionario’ Manuel Lugrís Freire, Xavier Campos Villar, Ames: tresCtres, 7-10.
  • Rosario Álvarez / Francisco Dubert García / Xulio Sousa (2006): Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega: ·Lingua e territorio"
  • Rosario Álvarez (2007): Boletín da Real Academia Galega, 368, 115-118: "María Mariño. Noiesa do Courel, dinamiteira da fala".
  • Rosario Álvarez (2007): Actas do Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de setembro de 2002, Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.), Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica, 49-67 [3 mapas].
  • Rosario Álvarez (2007): Actas do VII Congreso Internacional AIEG: Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península, Helena González Fernández / María Xesús Lama López (eds.), Sada: Ediciós do Castro / AIEG / Universitat de Barcelona, 703-71.
  • Rosario Álvarez (2007): Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, Ana Isabel Boullón Agrelo (ed.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 373-397.
  • Rosario Álvarez / Xosé Xove Ferreiro (2008): A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 377-40.
  • Rosario Álvarez / Xosé Xove Ferreiro (2008): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 193-224 .
  • Rosario Álvarez (2008): A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, X. L. Axeitos / Emilio Grandío Seoane / Ramón Villares (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Real Academia Galega / Universidade de Santiago de Compostela, 953-972 .
  • Rosario Álvarez (2009): Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor. Homenaxe á profesora Giulia Lanciani, Mercedes Brea (coord.), Santiago de Compostela: CIRP / Xunta de Galicia, 23-35.
  • Rosario Álvarez (2009): A lingüística galega desde alén mar, Gabriel Rei-Doval (ed.), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 295-317.
  • Rosario Álvarez (2009): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade, Henrique Monteagudo (coord.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 255-261.
  • Rosario Álvarez / Xosé Afonso Álvarez Pérez / João Saramago / Xulio Sousa (2009): Fonetică şi Dialectologie, XXVIII, 5-19.
  • Margarita Ledo Andión / Rosario Álvarez (2009): , A Coruña: Real Academia Galega, 55-66: Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega. Discurso lido o día 7 de febreiro de 2009, no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Margarita Ledo Andión e resposta da excelentísima señora dona Rosario Álvarez Blanco.
  • Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2009): Boletín da Real Academia Galega, 370, 79-115:“As «Cosas portuguesas» na biblioteca do conde de Gondomar. Política e lusofilia”.
  • Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2010): Boletín da Real Academia Galega, 371, 309-332: "Un novo testemuño da glosa a 'Adán non pudo pecar', do cura de Fruíme".
  • Rosario Álvarez (2010): Estudos de Lingüística Galega, 2, 205-220: "As razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras".
  • Xoán Lagares / Cláudia Roncarati / Elisa Fernández Rei / Ernesto X. González Seoane / Rosario Álvarez / Henrique Monteagudo / Xulio Sousa / Valéria Gil Condé / Maria Jussara Abraçado de Almeida (2010): III Congresso Internacional da Associação Internacional de Linguística do Português (AILP). A Difusão Transnacional da Língua Portuguesa, Xoán Carlos Lagares (coord.) , Niterói, 6-10 de decembro de 2010 - Presentación.
  • Rosario Álvarez (2010): Larouco. Revista anual da antigüidade galaica, 5, 87-92.
  • Rosario Álvarez (2010): Fermín Penzol. Unha obra para un país, Mª Dolores Cabrera / Henrique Monteagudo (eds.), Vigo: Galaxia / Penzol, 117-118
  • Rosario Álvarez (2011): Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, Carlos Caetano Biscainho Fernandes / Xosé Manuel Sánchez Rei (eds.), A Coruña: Universidade da Coruña, 13-29.
  • Rosario Álvarez (2011): Ramón Lorenzo, señor das palabras, Trasalba: Fundación Otero Pedrayo, 11-15
  • Rosario Álvarez / Ramón Villares / Xosé López / Ramón Maiz / Francisco Campos / Víctor Freixanes / Henrique Monteagudo / Xulio Ríos / Xaime Subiela (2011): Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
  • Rosario Álvarez (2012): As Ciências do Léxico: Lexicologia, Lexicografia e Terminologia, Aparecida Negri Isquerdo / Maria Cândida Trindade Costa de Seabra, Campo Grande - MS: Editora da UFMS, VI, 35-58
  • Rosario Álvarez (2012): Papés d’emprenta condenada (II). Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea, Ramón Mariño (ed.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 213-259.
  • Rosario Álvarez (2012): Correspondencia habida entre Xosé María Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo. Cadernos Ramón Piñeiro, XXI, Xosé Luís Cochón Touriño (ed.), Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 85-102.
  • Rosario Álvarez (2012): Galego e português brasileiro: história, variação e, Xoán Carlos Lagares / Henrique Monteagudo (eds.), Niterói: EDUFF, 129-155.
  • Rosario Álvarez (2012): Anais de Resumos do II Congresso Internacional de Lingüística, M. Lúcia C. V. O. Andrade / A. L. Rauber (org.), São Paulo: USP, 781-782
  • Rosario Álvarez (2012): Anais de Resumos do II Congresso Internacional de Lingüística Histórica, 7-10 de febreiro de 2012, São Paulo, Brasil, M. Lúcia C. V. O. Andrade / A. L. Rauber (org.), São Paulo: USP.
  • Rosario Álvarez (2012): Libro de Actas. Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso. 6, 7, 8 e 9 de abril de 2011. Pontevedra, Pontevedra: Concello de Pontevedra / Concellería de Normalización Lingüística, 237-261.
  • Henrique Monteagudo / Rosario Álvarez (2012): Discurso lido o día 25 de febreiro de 2012 no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Henrique Monteagudo e resposta da excelentísima señora dona Rosario Álvarez Blanco, A Coruña: Real Academia Galega, 95-106.
  • Rosario Álvarez / Xosé Xove Ferreiro (2013): Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro, Rosario Álvarez / Ana Maria Martins / Henrique Monteagudo / Maria Ana Ramos, Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 29-55.
  • Rosario Álvarez / Fina Casalderrey Fraga (2013): , A Coruña: Real Academia Galega, 51-62. "Viaxe á semente. Dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario. Discurso lido o 22 de novembro de 2013 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Fina Casalderrey e resposta da excelentísima señora dona Rosario Álvarez Blanco".
  • Rosario Álvarez (2013): Anuário internacional de comunicação lusófona. 2013. Comunicación na diáspora e diásporas na comunicación, Margarita Ledo / Xosé López / María Salgueiro (eds.), LUSOCOM / AGACOM, 9-14.
  • Rosario Álvarez / Henrique Monteagudo (2013): Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela (estudos dedicados a Ivo Castro)
  • Rosario Álvarez / Ernesto X. González Seoane (2014): Codili3. Drittes Internationales Kolloquium zu historischen Corpora der Iberoromanischen Sprachen, Universität Zürich, 23-25 xuño 2014.
  • Rosario Álvarez / Hélen Cristina da Silva (2014): III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística. Variação, atitudes linguísticas e ensino. Homenagem a Jacyra Andrade Mota e Suzana Alice Marcelino Cardoso, Londrina (Brasil), 7-10 outubro 2014 - Presentación.
  • Xulio Sousa / Marta Negro Romero / Rosario Álvarez (2014): Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, Xulio Sousa / Marta Negro Romero / Rosario Álvarez (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 8-15.
  • Rosario Álvarez / Giulia Lanciani (2014): , A Coruña: Real Academia Galega, 44 pp.
  • Rosario Álvarez (2014): Estudis Románics , XXXVI, 325-332 .
  • Rosario Álvarez (2014): Seminario promovido polo Departamento de Letras Clássicas e Vernáculas, Mário Eduardo Viaro, Noa Fernández Pazo, Valéria Gil Condé (coords.), Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas. Universidade de São Paulo, 18-20 marzo 2014 - Presentación.
  • Rosario Álvarez (2014): Seminario promovido polo Departamento de Linguística e o Grupo de Pesquisa em Dialetologia e Geolinguística da Universidade de São Paulo, en colaboración coa Cátedra de Estudos Galegos, Irenilde Pereira dos Santos, Valéria Gil Condé (coords.), Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas. Universidade de São Paulo, 26 marzo 2014 - Presentación.
  • Rosario Álvarez (2014): Dos romances ibero-ocidentais à România Nova: caminhos históricos do Galego, do Português Europeu e do Português Brasileiro, Programa de Pós-Graduação em Letras Vernáculas (coord. Regina Souza Gomes), Faculdade de Letras. Universidade Federal do Rio de Janeiro, 2 abril 2014 - Presentación.
  • Rosario Álvarez (2014): III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística. Variação, atitudes linguísticas e ensino. Homenagem a Jacyra Andrade Mota e Suzana Alice Marcelino Cardoso, Londrina (Brasil), 7-10 outubro 2014 - Presentación.
  • Xulio Sousa / Marta Negro Romero / Rosario Álvarez (2014): Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
  • Rosario Álvarez (2015): XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos 2015, Bos Aires (Arxentina), 6-8 abril 2015 - Presentación.
  • Rosario Álvarez (2015): I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos, Baía (Brasil), 13-15 abril 2015 - Presentación.
  • Rosario Álvarez (2015): I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos, Baía (Brasil), 13-15 abril 2015 - Presentación.
  • Rosario Álvarez (2015): I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos, Baía (Brasil), 13-15 abril 2015 - Presentación.
  • Rosario Álvarez / Ernesto X. González Seoane (2015): En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie, Francisco Dubert García / Gabriel Rei-Doval / Xulio Sousa (eds.), Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 21-40.
  • Rosario Álvarez / Ernesto X. González Seoane / César Osorio Peláez / Florentina Xoubanova Montero(2015): Gallæcia - III Congresso Internacional de Linguística Histórica, Santiago de Compostela, 27-30 xullo 2015 - Presentación.
  • Rosario Álvarez / Anxo Angueira / María do Cebreiro Rábade / Dolores Vilavedra (2015): Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada. Febreiro-Xuño 2013, Rosario Álvarez / Anxo Angueira / María do Cebreiro Rábade / Dolores Vilavedra (coords.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 6-8
  • Rosario Álvarez (2015): III Coloquio de Lingüística Histórica, Vigo, 12-13 novembro 2015 - Presentación..
  • Rosario Álvarez (2015): Dialectologia. Special Issue V, Xulio Sousa / Carlota de Benito / Víctor Lara (eds.), 191-217.
  • Rosario Álvarez (2015): Trama e urda. Contribucións multidisciplinares desde os estudos galegos, Olga Castro / María Liñeira (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 15-44.
  • Rosario Álvarez (2015): Descrição e ensino de línguas, Marília Ferreira (org.), Campinas, SP: Pontes editores, 85-110.
  • Rosario Álvarez (2016): IVème Congrès International de Dialectologie et de Sociolinguistique: Variations, Phraséologie et Ressources, París (Francia), 7-9 setembro 2016 - Presentación
  • Rosario Álvarez / Ernesto X. González Seoane (2016): Lingüística de corpus y lingüística histórica iberorrománica, Johannes Kabatek (ed.), Berlin: De Gruyter, 115-136
  • Rosario Álvarez (2016): Estudos geossociolinguísticos brasileiros e europeus: uma homnagem a Michel Contini, Aguilera, Vanderci de Andrade / Mararúbia Pereira Barbosa Doiron (eds.), Cascavel / Londrina: EDUNIOESTE / EDUEL, 121-140
  • Rosario Álvarez (2016): IVème Congrès International de Dialectologie et Sociolinguistique. Variations, phraséologie et ressorces (IV CIDS), Université Paris Sorbonne, París (Francia), 7-9 setembro 2016 - Presentación
  • Rosario Álvarez (2016): IV Coloquio de Lingüística Histórica, Cáceres (Estremadura), 13-14 outubro 2016- Presentación
  • Rosario Álvarez / Sandra Beis Silva / Ernesto X. González Seoane (2016): IV Congreso Internacional de Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas, Universidad de Alcalá, 24 -25 de noviembre de 2016 - Presentación
  • Rosario Álvarez / Sandra Beis Silva / Ernesto X. González Seoane (2016): IV Congreso Internacional de Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas, Universidad de Alcalá, 24 -25 de noviembre de 2016 - Presentación
  • Rosario Álvarez (2017): 2017 MLA Annual Convention, Philadelphia (Estados Unidos), 5-8 xaneiro 2017 - Presentación
  • Rosario Álvarez (2017): International Conference on Language Variation in Europe 9, Málaga, 6-9 xuño 2017 - Presentación
  • Rosario Álvarez (2017): Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Ricardo Pichel Gotérrez / Lidia Teixeiro (eds.), Ediciones Complutense, 20 (núm. especial), 25-39
  • Rosario Álvarez / Xulio Sousa (2017): Labor Histórico, 3, 1 - xan./xuñ. 2017, 63-75
  • Aparecida Negri Isquerdo / Xulio Sousa / Rosario Álvarez (2017): Gauvira Letras 25. Dossié. A toponímia em foco: princípios, métodos, enfoques, Isquerdo, Aparecida Negri / Sousa, Xulio / Álvarez Blanco, Rosario (eds.), 337 pp.
  • Marta Negro Romero / Rosario Álvarez / Eduardo M. Moscoso Mato (2017): Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela - Publicación do ILG
  • Rosario Álvarez (2018): Português. Identidades. Fonéticas. Cátedra Carlos de Oliveira. Romaniches Seminar - Universität Zürich, Zürich, 20-21 abril 2018 - Presentación

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ILG (ed.). "O Instituto". Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  2. "Rosario Álvarez Blanco é elixida presidenta do Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. 31 de maio de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. "Rosario Álvarez Blanco, primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega". Sermos Galiza. 1 de xuño de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  4. "Rosario Álvarez Blanco, primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega". Sermos Galiza. 1 de xuño de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  5. "Membros da Academia: Rosario Álvarez Blanco". academia.gal. Consultado o 01/06/2018. 
  6. "Publicacións de Rosario Álvarez". ilg.usc.es. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]