Xosé Ramón Vázquez Sandes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Ramón Vázquez Sandes
Nacemento1 de setembro de 1929
 Santa María de Neda
Falecemento7 de outubro de 2016
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Xosé Ramón Vázquez Sandes, nado en Santa María de Neda[1] o 1 de setembro de 1929 e finado o 7 de outubro de 2016, foi un xuíz galego e Valedor do Pobo entre 2002 e 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na carreira xudicial no ano 1956 e o seu primeiro destino foi o xulgado de primeira instancia de Sepúlveda (Segovia)[2]. Despois trasladouse a Salas de los Infantes (Burgos) e logo a Noia. Ascendeu a maxistrado no ano 1970 e foi destinado durante dous anos no xulgado de primeira instancia e instrución 2 de Badaxoz e a continuación incorporouse como maxistrado, a petición propia, á Audiencia Provincial de Pontevedra[2].

En 1985 foi nomeado presidente da Audiencia Provincial de Salamanca, cargo que ocupou ata 1990, cando foi nomeado presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Xubilouse o 1 de setembro de 1999, ao cumprir os regulamentarios 70 anos, e durante os meses seguintes exerceu como maxistrado emérito do Tribunal Supremo.

O 19 de febreiro de 2002 foi nomeado Valedor do Pobo polo Parlamento de Galicia, cargo do que tomou posesión o 1 de marzo dese mesmo ano. Rematoulle o mandato en marzo de 2006, pero tivo que seguir en funcións durante máis dun ano pola falta dun consenso político na súa substitución, ata xullo de 2007[2].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Dª María Carmen Cueto Alvarez-Santullano e tivo catro fillos.

Ordes e condecoracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vocación de proximidad". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-12-14. Consultado o 2020-04-13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Pesar na institución polo pasamento de José Ramón Vázquez Sandes, segundo valedor do pobo de Galicia". Valedor do Pobo. Consultado o 2020-04-13. 


Predecesor:
Xosé Cora
 Presidente do TSXG 
1990 - 1999
Sucesor:
Xesús Souto Prieto
Predecesor:
Xosé Cora
 Valedor do Pobo 
2002 - 2007
Sucesor:
Benigno López