Julio María Sanguinetti
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xaneiro de 1936 Montevideo |
| 15 de febreiro de 2020 – 20 de outubro de 2020 | |
| 1 de marzo de 1995 – 1 de marzo de 2000 ← Luis Alberto Lacalle – Jorge Batlle Ibáñez → | |
| 1 de marzo de 1985 – 1 de marzo de 1990 ← Rafael Addiego Bruno – Luis Alberto Lacalle → | |
| Minister of Education and Culture (en) | |
| 1 de marzo de 1972 – 27 de outubro de 1972 | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Agnosticismo |
| Educación | Universidade da República |
| Actividade | |
| Ocupación | político, xornalista, avogado |
| Partido político | Partido Colorado |
| Familia | |
| Cónxuxe | Marta Canessa de Sanguinetti |
| Fillos | Emma Sanguinetti |
| Premios | |
| |
Julio María Sanguinetti Coirolo, nado en Montevideo o o 6 de xaneiro de 1936, é un avogado, historiador, xornalista e político uruguaio. Foi tres veces deputado, dúas veces ministro, senador e Presidente da República en dous períodos, 1985-1990 e 1995-2000. É membro do sector "Foro Batllista" do Partido Colorado, do cal foi Secretario Xeral de 1983 a 1985 e de 2004 a 2009. É autor dunha extensa biografía do pintor Pedro Figari.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Julio María Sanguinetti naceu no seo dunha familia de inmigrantes italianos de clase media. A súa base educativa realizouse en escola e liceo público. En 1955 ingresou na Universidade da República e converteuse en Doutor en Dereito e Ciencias Sociais en 1961.
Está casado coa historiadora Marta Canessa, con quen tivo dous fillos, Julio Luis e Emma Sanguinetti, e catro netos. Reside na zona de Punta Carretas, en Montevideo.
É doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela que llo concedeu en 1999[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "USC TV - Acto de Investidura Doutor Honoris Causa". tv.usc.es. Consultado o 2021-03-30.