Joaquín Yáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Yáñez
Joaquín Yáñez Rodríguez.jpg
Nacemento20 de agosto de 1814.
Lugar de nacementoVigo.
Falecemento5 de setembro de 1892.
Lugar de falecementoVigo.
NacionalidadeGalega.
OcupaciónAvogado, xornalista, historiador, empresario e político (alcalde).
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Yáñez Rodríguez, nado en Vigo o 20 de agosto de 1814 e finado o 5 de setembro de 1892,[1] foi un avogado, xornalista, historiador, empresario e político galego, alcalde de Vigo e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Propietario dunha fábrica de pastas chamada “Las Victorias”, situada en Alcabre, formou parte en 1853 da primeira redacción de Faro de Vigo, xunto con José Carvajal Pereira, Vicente Coca, Nicolás Taboada Leal, Basilio Besada e José María Posada y Pereira.[2] Ese mesmo ano escribiu un Análisis histórico de la Reconquista de Vigo, xunto con Benito Manuel López, secretario do Concello,[3] que foi editado en 1959[4] e de novo en 1976.[5]

No seu mandato fíxose o peirao de ferro do Porto de Vigo.

Ten unha rúa adicada na zona antiga de Vigo, que antes se chamou Mendizábal e antes Imperial.[6]

Necrolóxica a toda portada no Faro de Vigo.


Predecesor:
?
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1841-1842[6]
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1854-1857[6]
Sucesor:
Vicente Méndez Quirós
Predecesor:
Norberto Velázquez Barrio
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1890-1892
Sucesor:
Francisco Molíns Pascual

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece Joaquín Yáñez" Faro de Vigo, 5/9/2012.
  2. Artigo "FARO DE VIGO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  3. Fernando Acuña, J. M. Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide, Antonio Odriozola et alii (1980). Caja de Ahorros Municipal de Vigo, ed. Vigo en su historia (en castelán). r/ Segovia 15, Vigo. p. 678. ISBN 84-7231-494-4. 
  4. Ficha da edición de 1959 na Biblioteca Nacional de España.
  5. Ficha da edición de 1976 en Google Books.
  6. 6,0 6,1 6,2 Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 135. ISBN 84-87379-47-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]