Alejandro de la Sota
Alejandro de la Sota | |
---|---|
Nome completo | Alejandro de la Sota Martínez. |
Nacemento | 20 de outubro de 1913 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 14 de febreiro de 1996 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid e Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Ocupación | arquitecto |
Pai | Daniel de la Sota |
Coñecido por | Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, Ximnasio do colexio Maravillas e Gobierno Civil de Tarragona |
Premios | Medalla Castelao e Premio Nacional de Arquitectura de España |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Alejandro de la Sota Martínez, nado en Pontevedra o 20 de outubro de 1913 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1996, foi un arquitecto galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo do político de orixe cántabra Daniel de la Sota e de María Teresa Martínez Correa. Criouse nun ambiente de clase media alta, o que lle permitiu desenvolver cedo as súas aptitudes artísticas. Acabados os seus estudos medios na cidade do Lérez, ingresou na Universidade de Santiago, na que durante dous anos cursou Matemáticas. Trasladouse logo a Madrid para estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, na que se graduou en 1941 e onde foi nomeado Doutor Arquitecto en 1965. Durante case dúas décadas, de 1956 a 1972, foi profesor nesa mesma escola. Ao tempo, foi arquitecto oficial de numerosas empresas estatais, incluíndo Aviaco, a Dirección Xeral de Correos, Iberia ou o Instituto Nacional de Colonización.
Obra[editar | editar a fonte]
De la Sota desenvolveu boa parte da súa carreira en Madrid, cidade na que faleceu, mais sempre mantivo fortes ligazóns familiares coa súa Galiza natal. A súa obra é expoñente dun racionalismo equilibrado, que une unha intensa creatividade arquitectónica xunto coa simplicidade construtiva. Foi un dos grandes promotores do industrialismo na construción dos anos 1960, introducindo elementos industriais na obra e mais na profesionalización da mesma. Os seus edificios acostuman combinar, de forma sorprendente, un gran rigor xeométrico, de liñas claras e rectas, coa audacia nas estruturas.
De la Sota recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en tres ocasións; a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes e mais a Medalla de Ouro do Consello de Arquitectos. En 1990 foille concedida a Medalla Castelao.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
En 1952 casou con Sara Ríus Taylor. Tiveron seis fillos: Alejandro, Ana, Daniel, José, Juan e Sara[1]
Obras representativas[editar | editar a fonte]
- Vivenda de Ramón de Dios, Pontevedra (1945)
- Escola de Capataces (1948), Bastiagueiro (Oleiros), actualmente incluída no complexo do INEF.
- Laboratorios da Misión Biolóxica en Salcedo (Pontevedra) (1950)
- Casa da Avenida Doctor Arce nº 20, en Madrid, (1953-1964; derrubada)
- Goberno Civil (Tarragona) (1956-1963)
- Talleres Aeronáuticos TABSA (Madrid) (1957-1958)
- Ximnasio do Colexio Maravillas (Madrid) (1961)
- Bloque de Vivendas (Salamanca) (1963)
- Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra (1966)
- Colexio Maior César Carlos (Madrid) (1967)
- Residencia de Verán Infantil (Miraflores de la Sierra, Madrid) (1957-1959)
- Central Leiteira CLESA, Madrid (1963)
- Vivendas na rúa do Prior, Salamanca (1962-1963)
- Edificio de Correos, declarado Ben de Interese Cultural, (Úbeda, Xaén) (1964)
- Igrexa de Santa Baia de Nantes (Sanxenxo)[2]
- Casa Varela, Collado Villalba (1964-1968)[3]
- Edificio Industrial CENIM (Madrid) (1965-1967)
- Colexio Residencia da Caixa de Aforros Provincial (Ourense) (1966-1967)
- Vivenda Guzmán (Algete), (1972). Derrubada en 2017.[4]
- Aulas e Seminarios da Universidade (Sevilla) (1972) (Premio Nacional de Arquitectura)
- Centro de Cálculo da Caixa Postal (Madrid) (1973-1976)
- Banco Pastor, en Pontevedra (1974)
- Colexio dos Irmáns Maristas, A Coruña (1974)
- Vivenda Domínguez,[5] A Caeira (Poio) (1976)
- Edificio de Correos e Telecomunicacións (León) (1980-1983)
- Edificio Caixa Postal de Aforros (Madrid) (1986-1989)
- Biblioteca Universitaria (Santiago de Compostela) (1990)
- Edificio de Xulgados (Zaragoza) (1991-1993)
- Redeseño e Rehabilitación do Edificio do Cabido Insular (As Palmas de Gran Canaria) (1994)
Nota[editar | editar a fonte]
- ↑ Martínez Casal, en Xenealoxía.
- ↑ Igrexa de Santa Baia de Nantes na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Casa Varela
- ↑ Demolida la Casa Guzmán de De la Sota, obra maestra de la arquitectura moderna
- ↑ La Casa Domínguez. Alejandro de la Sota: Construir - Habitar
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro de la Sota |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Agrasar, Fernando: "El pabellón ingrávido de Pontevedra", in supl. "Galicia", La Voz de Galicia, 4-VI-1994.