Ceferino de Blas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ceferino de Blas
Nome completo Ceferino de Blas García
Nacemento 24 de setembro de 1943 (74 anos)
Lugar Corvera, Asturias
Nacionalidade España
Alma máter Universidade Complutense de Madrid
Ocupación escritor
Cónxuxe Marisa Real (xornalista)
Estudos Ciencias da Información
Profesión xornalista
editar datos en Wikidata ]

Ceferino de Blas García, nado en Cancienes (Corvera) o 24 de setembro de 1943, é un escritor e xornalista asturiano, vigués de adopción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario Metropolitano de Oviedo, Filosofía e Letras na Universidade Pontificia de Salamanca e a carreira de xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, titulándose en 1972, despois licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.

Tratar de imponer el idioma autóctono sobre el de uso común en un mundo globalizado, puede interpretarse un gesto de coherencia identitaria y sentimental, pero es dejar a los pies de los caballos a quienes tendrán que convivir en otras comunidades de España.[1][2]

Fixo prácticas en La Voz de Avilés e traballou en La Voz de Asturias. Foi delegado da axencia EFE en Asturias, redactor xefe e subdirector de La Nueva España, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, e correspondente en Asturias de El Periódico de Catalunya

Dende outubro de 1986 ata febreiro de 1994, dirixiu o diario Faro de Vigo,[3] pertencente, tamén, ao grupo Prensa Ibérica, proseguindo despois como articulista[4][5][6] e autor de varios libros, distribuídos co xornal.

É membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses dende 2013[7] e está casado coa xornalista galega Marisa Real. En 2017 foi nomeado cronista oficial da cidade de Vigo, en sucesión de Lalo Vázquez Gil.

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

Colectiva[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]