Museo do Pobo Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo do Pobo Galego
Logo
Tipomuseo e asociación cultural
Data de fundación1977
Director/aManuel Vilar Álvarez
Persoas relacionadasCarlos García Martínez, Antón Fraguas e Xusto Beramendi
PremiosPremio Nacional de Cultura tradicional e de base
Localización
Sedeconvento de San Domingos de Bonaval
EnderezoR/ San Domingos de Bonaval, 15703
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
42°52′58″N 8°32′20″O / 42.882780555556, -8.5388888888889
Na rede
http://www.museodopobo.gal/
Facebook: museodopobo Twitter: MuseodoPobo Instagram: museodopobo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño. O museo está dentro do mesmo edificio que o Panteón de Galegos Ilustres e a escasos metros do CGAC co que comparte ás antigas hortas do convento convertidas por Álvaro Siza e Isabel Aguirre en parque público na década de 1990.

Historia[editar | editar a fonte]

O Museo do Pobo Galego constitúese como un organismo ó servizo da comunidade e séntese comprometido na salvagarda dunhas tradicións e costumes que normalmente foron esquecidas ou relegadas da historia oficial, pero que son precisamente onde un pobo atopa as pegadas da súa identidade.

Escaleira interior do museo

En virtude do que antecede, a Xunta de Galicia por decreto 111/1993 de 22 de maio, recoñeceu ó Museo do Pobo Galego como "centro sintetizador dos museos e coleccións antropolóxicas de Galicia", considerando que "non só actúa de feito como referente e estímulo para a creación doutros museos e coleccións de carácter semellante en toda Galicia, senón que pode ser considerado como esa cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia". O Museo conta con salas permanentes: O Mar, O Campo, Os oficios, Música, Traxe, Hábitat e Arquitectura e Sociedade, memoria e tradición, ofrecen unha visión sintética da sociedade galega tradicional, un compendio da diversidade de Galicia, que sirva como referencia para a avaliación das distintas manifestacións dentro do conxunto e para impulsar o interese polo coñecemento directo e a procura de alternativas de futuro.

Dispón así mesmo de espazos de exposición temporal, dun auditorio e dos servizos museísticos de Biblioteca, Videoteca, Arquivo Gráfico e sonoro, Administración e Departamento de Educación e Acción Cultural.

Foille outorgado no ano 2008 o Premio Nacional de Cultura tradicional e de base, un dos premios que integran os Premios Nacionais da Cultura Galega.

En 2023 foi Premio Rosalía de Castro de Lingua.[1]

Directores

A colección[editar | editar a fonte]

A colección do museo ten actualmente mais de 11500 entradas divididas en tres grandes áreas; Arte, Etnografía e Arqueoloxía[2].

Arte[editar | editar a fonte]

A sección de pintura inclúe obras desde o S.XVI ata o S.XX e recolle a moitos dos pintores máis destacados de Galicia como Gregorio Ferro, Dionisio Fierros, Ovidio Murguía, Román Navaro, Fernando Álvarez Sotomayor ou Xesús Corredoyra. Acontece o mesmo coa parte de escultura na que se fai un percorrido partindo do románico e chegando o S.XX con obras de José María Acuña ou Francisco Asorey. Tamén posúe unha sección de artes decorativas de marcado carácter relixioso.

Etnografía[editar | editar a fonte]

É a parte mais ampla do museo e fai un percorrido por moitos dos usos e oficios galegos. Conta con 13 apartados que inclúen a gandaría, a pesca, o transporte, a indumentaria ou os xoguetes.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

A colección posúe obxectos dende o neolítico ata a diferentes elementos relacionados coa romanización.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario, Nós (2023-05-24). "Pakolas, Museo do Pobo Galego, Orgullo Galego e Daniel Romero gañan os Premios Rosalía de Castro". Nós Diario. Consultado o 2023-05-24. 
  2. www.imaxin.com, imaxin|software-. "Museo do pobo Galego". www.museodopobo.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-04-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]