Marisa Crespo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1961 Lamas |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | médica, investigadora |
| Membro de | |
| Premios | |
| |
María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo o doutoramento na Universidade Autónoma de Madrid e a especialidade en Cardioloxía no Hospital Puerta de Hierro de Madrid. Dende 1993 dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Trasplante Cardíaco no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2019 foille concedida a medalla Castelao.
- Premio Ágora de Orcellón
