Avelino Rodríguez Elías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Avelino Rodríguez Elías
Avelino Rodríguez Elías 1929.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1929.
Nacemento 1872
  Afife
Falecemento 13 de febreiro de 1958
  Asunción
Nacionalidade España
Ocupación escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Avelino Rodríguez Elías, nado en Afife (Portugal) en 1872 e finado en Asunción (Paraguai) o 13 de febreiro de 1958, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de nai galega, naceu en Portugal, pero trasladouse a Vigo, onde dirixiu La República e colaborou en Faro de Vigo e El Eco de Puente-Caldelas, foi director da revista Ecos de Vigo e de El Puerto de Vigo (1923). Foi cronista da cidade entre 1926 e 1936.

Foi autor de moitas iniciativas a prol da cidade de Vigo: promotor da creación do corpo de bombeiros, da Cruz Vermella; pediu a creación do museo de Castrelos en 1909 e, en 1926, presentou un proxecto para cumprir tal obxectivo; reivindicou o escudo da cidade e foi o primeiro que demandou a creación do estadio de Balaídos.

No verán de 1936 tivo que fuxir de Vigo, vía Portugal, rumbo ao exilio en Paraguai. Á súa chegada a Asunción comezou a escribir para o xornal El País.

Obra[editar | editar a fonte]

De pé, de esq. a der.: Apolinar Torres, Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra. Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Autor dunha obra numerosa entre a que destacan traballos históricos sobre Rande e a Reconquista de Vigo. Tamén cultivou o teatro en galego escribindo un feixe de once pezas teatrais de diferente composición e estruturas diversas (comedia, entremés, alegoría, monólogo): Os catros túneles, O embargo (1911), O miñato e mais a pomba (1913), O trunfo da muiñeira (1914), ¿Cásome ou non me caso?, San Antón o casamenteiro (1920), O sobriño do abade (1927), O garda Mor (1929), O pano amarelo, A tixeira da vida e A venganza do sultán. Moitas delas foron representadas polo Real Coro Toxos e Flores, e apareceren reunidas en 1930 co título Obras teatrales galegas.

  • O retabro da capela maior da Eirexa Colexiata de Baiona.
  • La Reconquista de Vigo en 1809: juicio crítico e histórico, 1916.
  • La escuadra de plata, 1935.
  • El Museo de Bellas Artes y la Biblioteca Americana Juansilvano Godoi, 1940.
  • Mujeres de todos los tiempos, 1945.
  • Contos do turreiro e outros relatos.
  • Historia de Vigo (inédita).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]