Luís González Tosar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia galega, por volta de 1969 regresa a Galicia. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de lingua e literatura galega. Foi director da revista Dorna e coordinador da colección Dombate de poesía. É presidente do PEN Clube de Galicia desde 1995.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A caneiro cheo, 1986, Sociedade de Cultura Valle-Inclán e Galaxia.
  • Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras, 1986.
  • Remol das travesías, 1989, Galaxia.
  • Campás de recalada, 1992.
  • Coa forza da palabra, 1992, Biblioteca 114, Editorial Compostela (antoloxía poética).
  • Madeira do meu canto / Madera de mi canto, 1998, Visor, Madrid. Antoloxía bilingüe galego-castelán.
  • Invocació d'un temps (poesia, 1986-2000). Invocación dun tempo (poesía, 1986-2000), 2001, Viena (Barcelona). Con prólogo de Pere Gimferrer.
  • Estúrdiga materia, 2008, Galaxia.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Estación marítima, 1996, Galicia en el mundo.

Tradución[editar | editar a fonte]

  • A volta do xove Príncipe, de Alejandro Guillermo Roemmers, 2013, Galaxia.

Como editor literario[editar | editar a fonte]

  • Polos vieiros da saudade de Ramón Otero Pedrayo, 2001, Galaxia.
  • Fonduxos da memoria: obra poética (1946-1998), de Ramón Somoza Barros, 2002, Concello de Campo Lameiro.
  • Poesía brasileira hoxe, 2004.
  • Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade / narradores galegos do P.E.N. Let's call our language voice of freedom / prose writers of Galician P.E.N., 2005, PEN Clube de Galicia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]