Saltar ao contido

Conversa modelo:Membros de número da Real Academia Galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diferencia entre históricos e actuais

[editar a fonte]

Ola a todas, e en especial a HombreDHojalata. Non estou moi de acordo co cambio de modelo ou, mellor dito, non estou demasiado de acordo coa substitución dun modelo por outro.

  • Creo que está moi wai o que fixeches, HombreDHojalata, de crear unha caixa con todas aquelas persoas, vivas e defuntas, que no seu momento foron membros da RAG.
  • Creo que a información de quen compón hoxe o plenario da RAG é tamén importante, e que unha non debe substituír a outra.
  • De feito, creo que para unha caixa de navegación é máis interesante a actual cá colección de todos os pasados. Ou sexa, se houbese que escoller unha, pois escollería a dos presentes. Pero por sorte non temos que escoller.
  • Tamén creo que o nome que tiña o modelo, de "membros da RAG" é confuso. Ou sexa, creo que leva a erro. Por iso engadín a marca de "históricos". Pero creo que esa solución miña provisional non é a adecuada, e que debería moverse o modelo enteiro, e crear outro no seu lugar que efectivamente recolla os membros actuais.

Como o vedes? --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2018 ás 08:25 (UTC)[responder]

Ah, tamén unha cousa máis. Xa sei que os membros da Academis se chaman tecnicamente "membros de número", pero creo que chamalos así, fóra de contexto, é tamén confuso. Ou sexa, os membros de academia son estas dúas ducias. Ademais están os membros de honra, e os membros correspondentes (que teñen moitísima menos importancia) e cando hai que distiguir uns doutros aos primeiros chámaselles membros de número. Pero no contexto do título dunha caixa de navegación, que é ningún, creo que o lóxico sería chamalos "membros da academia", precisamente para que a persoa lectora media que descoñeza o vocabulario específico e interno da RAG, entenda o correcto, e non pense que se lle está escapando algo. Iso independentemente de que no artigo sobre a RAG, onde hai espazo para esas explicacións e contextos, se empregue esa diferenciación de forma profusa. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2018 ás 08:31 (UTC)[responder]
Grazas polos teus comentarios, Xabier. E si, si. Xa antes de que abriras este fío estaba eu dandolle voltas a separar os membros actuais dos históricos. Separados quedan. O que non entendo é o que dis de cambio ou substitución dun modelo por outro. Non houbo nada diso. Non había ningún outro modelo que se cambiara por este, nin houbo substitución ningunha! --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2018 ás 10:08 (UTC)[responder]
Xenial, HombreDHojalata. Agora queda realmente wai. Desculpa co da substitución: pensei que xa había unha caixa de navegación dos membros da RAG! Falei de memoria e sen comprobalo. Millenta desculpas. Creo que c9o novo modelo as miñas angurias de membros de número vs membros quedan tamén bastante mitigadas. :) Grazas de novo. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de febreiro de 2018 ás 08:36 (UTC)[responder]

Ligazóns entre modelos

[editar a fonte]

@HombreDHojalata: Penso que sería mellor cambiar a ligazón entre modelos no below por ligazóns ás categorías, por intentar "acotar" ós lectores fóra do espazo de nomes de modelos.

|below=Véxase tamén: Membros da Real Academia Galega

ou

|below=Véxase tamén: Membros correspondentes da Real Academia Galega‎  · Membros de honra da Real Academia Galega  · ‎Membros de número da Real Academia Galega

Como o ves? Banjo tell me 7 de febreiro de 2018 ás 08:21 (UTC)[responder]

Chachi! --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2018 ás 08:27 (UTC)[responder]