Úrsula Heinze
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Úrsula Heinze de Lorenzo 18 de xuño de 1941 (83 anos) Colonia, Alemaña |
Educación | Universidade de Colonia |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora, escritora de literatura infantil |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón Lorenzo |
Fillos | Amaya Lorenzo Heinze |
Premios | |
| |
Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.
Obtivo o Premio Merlín de literatura infantil en 1986 coa obra A casa abandonada. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o Premio Blanco Amor (1993) e o Premio Losada Diéguez (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende (Premio Ramón Cabanillas 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995). En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.
A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- O soño perdido de Elvira M. (1982). Xerais. Novela. Traducido ao asturiano en 2001.[2]
- Remuíños en coiro (1984) Xerais. Relatos.
- Anaiansi (1989). Xerais. Novela.
- "Ancor", en Catro contos de Reis (1991). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 29. Relatos.
- Confidencias (1992). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 69. Relatos.
- Rodolfo (1992). Contos do Castromil.
- Culpable de asasinato (1994). Xerais. ISBN 9788475077765. Novela. Traducida ao romanés en 1998. [3]
- Polas rúas de Padrón (1994). Ediciós do Castro. ISBN 978-8474927177. Relatos.
- Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás (2017). Alvarellos Editora.
- Delirios de pracer (2018). Aira.
- Flashes (2020). Fervenza. 174 páxs. ISBN 9788417094942.[4] Relatos.[5]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O buzón dos nenos (1985). Galaxia. ISBN 9788471545138.
- Sempre Cristina (1986). Xerais.
- A casa abandonada (1987). Xerais.
- Máis alá de Galicia (1989). Ir Indo. ISBN 978-8476800232.
- A nena de ouro (1991). Xerais.
- Nace un campión (1992). Galaxia. ISBN 978-8471548290.
- Quérote (1994). Sotelo Blanco. ISBN 9788478242139.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Arredor da muller en 18 mundos (1985). Xerais.
- Xente coma min (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478240227.
- As chamadas linguas e literatura minoritarias (1991).
- Mulleres (1991). Xerias. ISBN 9788475075150. Descricións de 8 mulleres.
- Fronteiras da alofonía, do alemán ó galego (1993).
- ... e os domingos, un croissant (2015). Alvarellos.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Versos de terras distantes (1995).
- Credo: Gedichte = Poemas (1999). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[6]
- Torso: Gedichte = Poemas (2002). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[7]
- Nadir: Gedichte = Poemas (2005). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[8]
- Nur meer sein/Solamente sen mar (2005).
- Na pel do insomnio (2008) Follas Novas.
- Skyline (2008). Espiral Maior. Edición bilingüe con tradución ao galego da propia autora.[9]
- Molto amoroso (2011) Follas Novas. Edición bilingüe.[10]
- Escolma poética, 1997-2008 (2012). Universidade de Santiago de Compostela.
Tradución
[editar | editar a fonte]- O ponche dos desexos de Michael Ende, 1991 (xunto a Ramón Lorenzo).
- Terra, mar e lume. Poesía de Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, 1996.
- As galiñas de vento de Günter Grass, 2000, Xerais.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- E dixo o corvo... (1997), Xunta de Galicia.
Obra en alemán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Wassersprache, 1997
- Meine Verse klingen nach Erde, 1997
- Dein Verrat, 1998
- Erdbeerlicht, 1999
- Drei deutschsprachige Dichterinnen/Trei poete de limba germana, Münich 1999 (antoloxía de tres poetas alemás: Heinze, Ursula Haas e Carla Kraus; bilingüe alemán/romanés)
- Credo, (bilingüe alemán/galego), 1999
- Laubnacht, 2000
- Sommeruntergang), 2000
- Spanische Wand, 2000
- Nachtbläue, 2001
- Ambra (bilingüe alemán/galego), 2001
- Atlantisches Tief, 2001
- Schilfgang, 2002
- Torso (bilingüe alemán/galego), 2002
- Im Winde gekleidet, 2002
- Schattenblätter/Hojas de Sombras (bilingüe alemán/castelán), 2002
- Saeculum Saeculorum, 2003
- Mitlesebuch 68, 2003
- Mexikanische Runnenblicke/Mirarunas Mexicanas (bilingüe alemán/castelán), 2004
- Die zeit begehen, 2004
- ....fremdgehen nichts dagegen, 2004.
- Nadir (bilingüe alemán/galego), 2005
- Nur meer sein (bilingüe alemán/castelán), 2005
- Carpe Diem, 2006.
- Ein auge genügt in den abgrund zu blicken, 2006.
- Das meer aufgeschlagen, 2006.
- Liebesblätter, 2006/2007
- Steingesang, 2007.
- Überwinterung, 2008.
- Skyline, (bilingüe alemán-galego), 2008.
- Amal, 2008.
- Wie eine insel (bilingüe alemán/castelán), 2009.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Tradución
[editar | editar a fonte]- Y no dijo una sola palabra de Heinrich Böll, 1972.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Merlín no 1986, por A casa abandonada.
- Premio Blanco Amor (1993) por Culpable de asasinato.
- Premio Losada Diéguez (1994).
- II Premio PEN Clube de Galicia (2005).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nicolás, Ramón (30/12/2018). "Delirios de pracer, de Ursula Heinze de Lorenzo". Caderno da crítica. Consultado o 22/1/2019.
- ↑ "El sueñu perdíu d'Elvira M.". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019.
- ↑ "Vinovata de Asasinat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019.
- ↑ Álvarez, Inés. "Vivencias de Úrsula Heinze en ‘Flashes’". El Correo Gallego. Consultado o 16/7/2020.
- ↑ Requeixo, Armando (Outubro, novembro, decembro 2020). "As mulleres que derrubaron o tiranoCartografías do eu". Revista Grial. LVIII: 99–101. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Credo: Gedichte = Poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019.
- ↑ "Torso". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019.
- ↑ "Nadir: Gedichte = poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019.
- ↑ "Skyline". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019.
- ↑ "Molto amoroso (poemas/Gedichte)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de literatura infantil, arquivado do orixinalArquivado 08 de outubro de 2007 en Wayback Machine. o 8 de outubro de 2008
- Biografía, arquivado do orixinalArquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. o 29 de decembro de 2007 (en castelán).
- Biografía, arquivado do orixinalArquivado 29 de xuño de 2012 en Wayback Machine. o 29 de xullo de 2012.(en inglés).