Fernando Conde Domínguez
Fernando Conde Domínguez | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1909. | |
Nacemento | 1858. |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 9 de novembro de 1945 (87 anos). |
Nacionalidade | Galega. |
Ocupación | político |
Cónxuxe | Melchora de la Ponte y de la Peña |
Fillos | Fernando Conde Ponte Juan Antonio Conde Ponte José Manuel Conde Ponte María Luisa Conde Ponte |
Premios | Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando Conde Domínguez, nado en Vigo en 1858 e finado o 9 de novembro de 1945,[1] foi un empresario e alcalde galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Antonio Bibiano Conde González-Abarca, estudou comercio e economía no Reino Unido e rexentou a navieira fundada polo seu pai. Foi secretario da Cámara de Comercio de Vigo en 1886, presidente da Asociación de Navieros, da Unión de Entidades Viguesas e ocupou varios cargos máis.
Entre outras condecoración recibiu a Lexión de Honra e a Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia con distintivo branco.[2] Unha rúa[3] e unha hemeroteca da Escola de Artes e Oficios da súa cidade levan o seu nome.[4]
Predecesor: Francisco Lago Álvarez |
![]() Alcalde de Vigo 1916 - 1918 |
Sucesor: Francisco Lago Álvarez
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Esquela no ABC do 14/11/1945 (en castelán).
- ↑ Firma del Rey La Vanguardia 11/4/1917 (en castelán).
- ↑ Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 128. ISBN 84-87379-47-8.
- ↑ "Reapertura da biblioteca e hemeroteca..." Concello de Vigo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González Martín, Gerardo (2006). Pasión por Vigo. Vigo. ISBN 84-89599-32-7.