Leopoldo Nóvoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leopoldo Nóvoa
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Leopoldo Nóvoa (1995).png
Leopoldo Nóvoa en 1995.
NomeLeopoldo Nóvoa García
Nacemento17 de decembro de 1919
 Pontevedra
Falecemento23 de febreiro de 2012
 Bry-sur-Marne
NacionalidadeArxentina e España
Na rede
http://leopoldonovoa.com/
editar datos en Wikidata ]

Leopoldo Nóvoa García, nado en Salcedo (Pontevedra) o 17 de decembro de 1919 e finado en París o 23 de febreiro de 2012, foi un pintor e escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na parroquia pontevedresa de Salcedo, sendo fillo do exfutbolista e diplomático galego-uruguaio Edmundo Nóvoa e de María de las Mercedes García Solís, filla do que fora alcalde de Pontevedra, Aquilino García Estévez.[1][2] Con sete anos fixo a súa primeira viaxe a América e tres anos despois regresou a Galicia. Ao producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 trasladouse ao Porto coa familia, xa que o pai, cónsul do Uruguai, fora expulsado de España. En 1938 emigrou a Uruguai, onde se vinculou con Joaquín Torres García.[3] Pasou a súa xuventude en Montevideo, onde fundou a revista de cultura Apex con Carlos Maggi e outros artistas e intelectuais uruguaios. Nela participaron Joaquín Torres García, Juan Carlos Onetti, Juana de Ibarbourou, Julio María Sanguinetti e Marta Canessa. Trabou tamén unha estreita amizade con Jorge Oteiza, que chegou a prologarlle a súa exposición no Centro de Artes y Letras. En Buenos Aires, onde viviu entre 1948 e 1957, foi amigo de Lucio Fontana, que tivo moita influencia na súa obra, así como doutros galegos exiliados, coma Rafael Dieste e Luís Seoane.

A partir de 1957 estableceuse en Montevideo ata a súa marcha a París, en 1965, da man de Michel Tapié, que quedou impresionado co seu xigantesco mural do Estadio Luis Tróccoli, en Montevideo. Alí impresionou a Julio Cortázar, que escribiu un relato sobre a súa obra, e o pintor asturiano exiliado Orlando Pelayo, amigo de André Camus desde a súa etapa en Orán. Nóvoa fundou con varios pintores uruguaios e arxentinos o Espacio Latinoamericano. En 1974 fixo a súa primeira exposición na galería Edouard Loeb, que sería o seu galerista durante moitos anos.[3] Seguiu traballando ata a súa morte, alternando estadías en Galicia.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Escultura en Ribeira.

Os seus debuxos, pinturas e murais, así como as pirografías (madeiras queimadas e pintadas), rescatan o seu impulso creador. Refire a paisaxes dos seus recordos de Galicia en obras abstractas, sen recrear escenarios nin anécdotas, con referencias do expresionismo abstracto e do informalismo, aínda que non se corresponde con ningún movemento. Compón con formas impersonais, ritmos enfrontados e gran presenza matérica, descrito por Raúl Zaffaroni no prefacio dunha exposición de 1964 como "pintura urxente".[5]

Destacan o mural de 600 metros cadrados do Estadio do Club Atlético Cerro de Montevideo (1962-1964) e o da Canteira do parque de Santa Margarida na Coruña, así como o mural e as esculturas realizadas en 1964 en Termas del Arapey (Salto, Uruguay).[6]

“Compruebo, con emoción provinciana, que un mural inmenso que nació en la redacción de Acción, en nuestra calle Camacuá, fue continuado en Europa; el mismo mural, el más grande del mundo, el más partido del mundo: empieza con 600 metros cuadrados en el estadio del Club Cerro, en Montevideo, y sigue, con 2.100 metros cuadrados en La Coruña, España. [...]
Mientras el pintor me cuenta, miro reproducciones de grandes telas cubiertas de relieves, formas extrañas y armónicas, el encuentro de los diferentes tonos de la ceniza (pardo, gris, acero, negro). Nombro la ecología y le digo: un planeta quemado después de la radiación, el océano de talco que Armstrong pisó en la luna. Leopoldo no reacciona como quien coincide. Me mira y sigue frotando los dedos, el pulgar contra el índice y el mayor; no tiene nada que agregar, está repitiendo la sensación de aquella mañana cuando tocar ceniza lo dejó solo ante algo grave. - Es eso ¿comprendes?”
[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falece o artista pontevedrés Leopoldo Nóvoa". 27 de febreiro de 2012. Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 
  2. "La boda de ayer". La Correspondencia Gallega (en castelán) (7406). 4 de setembro de 1914. p. 1. Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Adiós al maestro". LR21. 25-02-2012. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  4. "El universo personal de Leopoldo Nóvoa". La Voz de Galicia. 8-6-2010. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Catálogo exposición Nóvoa en el Río de la Plata (1938-1965) (PDF). Centro Cultural de España Montevideo. 2008. [Ligazón morta]
  6. "Exposición de Nóvoa en el MNAV". 17-6-1997. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  7. "Fallece Leopoldo Nóvoa". El Mundo. 24-2-2012. Consultado o 27 de febreiro. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sobrino Manzanares, Mª Luisa: Catálogo del Patrimonio artístico de la Diputación de La Coruña. A Coruña, Deputación Provincial da Coruña, 1991.
  • Seoane, Xavier: Nóvoa. A Coruña, Ayuntamiento, 1989. Colección Arte Galega. A Coruña, Xunta de Galicia, 1989.
  • Logroño, Miguel: Nóvoa. Vigo, Editorial Galaxia, 1977.
  • Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
  • Novoa. Exposición antológica. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1985.
  • Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • Vangardas e silencios. Compostela, Xunta de Galicia, 1978.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]