Carlos Oroza
Carlos Oroza | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de maio de 1923 |
Viveiro | |
Falecemento | 21 de novembro de 2015 |
Vigo | |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Cemiterio de Pereiró |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta e escritor |
Fillos | Marina Oroza |
Xéneros | Poesía |
Premios | Premio Laxeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Oroza Fernández, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923[1] e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015,[2] foi un poeta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo marchou a Madrid, onde comezou a traballar nunha pensión. Na década de 1960 fíxose famoso con recitais por toda España, na liña da poesía beat. Naquel tempo fundou a revista Tropos xunto con Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua. Participou como actor no filme ¿Por qué te engaña tu marido? (Manuel Summers, 1969), e despois pasou un ano en Eivissa. De ideoloxía libertaria e antifranquista, tivo problemas coa súa actividade poética nos anos setenta. A súa adscrición ao movemento beat foi recoñecida nos Estados Unidos, onde recibiu o premio internacional de Poesía Underground en Nova York. En 1975 cantou xunto ao grupo Eclipse, publicando o sinxelo Malú (Ariola, 7"), coas cancións "Malú" e "Evame Malú", dous temas de rock progresivo con influencias tribais e planeantes[3]. En 1985 regresou a Galiza e viviu en Vigo até a súa morte no 2015.
A pesar de non ter unha gran cantidade de obra escrita e publicada (e os seus libros son dificilmente atopables), Carlos Oroza é coñecido pola interpretación e performance dos seus propios poemas.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Eléncar (1974).
- Cabalum (1980, Ediciós do Castro).
- Alicia (1985).
- Una porción de tierra gris del norte (1996).
- En el norte hay un mar que es más alto que el cielo, primeira edición en 1997, revisada e ampliada en 2005 (Deputación de Pontevedra).
- La llama prestada (1998).
- Évame (2012), Editorial Elvira.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu o Premio Laxeiro no ano 2008.
Levan o seu nome un centro de ensino público de Pontevedra[4] e unha pequena rúa de Vigo, que conecta as rúas do Príncipe e de Policarpo Sanz, próxima á Porta do Sol.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Carlos Oroza, poeta maior", artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo, 28 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Fallece en Vigo a los 93 años el poeta Carlos Oroza". Faro de Vigo. 22 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ García Lloret, P.: Psicoldelia, Hippies y Undergroung en España 1965-1980.
- ↑ CIFP Carlos Oroza
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Oroza ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 415. ISBN 84-8288-019-5.