José Gómez Posada-Curros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Gómez Posada-Curros
Nacemento1900
 Vigo
Falecemento30 de xaneiro de 1996
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PaiJosé Gómez Veiga
PremiosMedalla Castelao
Na rede
Bitraga: 749
editar datos en Wikidata ]

José Gómez Posada-Curros, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1996, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do compositor e concertista compostelán José Gómez Veiga e Concepción Posada Román. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Doutor en Filosofía e Letras, foi catedrático de bacharelato no instituto de Lugo.

Con 17 anos dirixiu o semanario estudantil Maruxa e ao ano seguinte a revista La Raza; a finais de 1924 dirixiu La Última Hora e ao ano seguinte fundou e dirixiu Vida Céltica. Foi o último xornalista que entrevistou a Ramón María del Valle-Inclán. En 1926 estreouse a súa comedia dramática Amor de Amores. Foi redactor de Faro de Vigo, onde dirixiu a súa "Página Literaria" en 1923, e El Pueblo Gallego e arquiveiro do Concello de Vigo, onde recompilou as Ordenanzas de la Villa dende 1560.

En 1922 participou como actor na representación da obra Trebón de Armando Cotarelo Valledor, e antes diso escribira o libreto dunha zarzuela en galego chamada O sangue berra, con música de Lozano. En 1944 escribiu a obra coral en castelán Canción Galega, publicada en 1991 en galego co título de Nin me abandonarás nunca con tradución de Xosé Luís Méndez Ferrín. Esta obra foi levada a escena en 1994 polo Centro Dramático Galego.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Recibiu a Medalla do Traballo en 1980 e a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao en 1995.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Alejandro Herculano en España y su influencia en la literatura nacional y gallega, 1994.
  • Recuerdos y vivencias con recreación compostelana.
  • Nin me abandonarás nunca, 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]