Ángela Iglesias Rebollar
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1910 Tui |
| Morte | 11 de abril de 1937 monte da Guía |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Relixión | Protestantismo |
| Actividade | |
| Ocupación | xastra |
| Familia | |
| Cónxuxe | José Niebla García |
Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda cara a 1910 ou 1911[1] e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada durante a Guerra Civil Española.

DOS HOMES E MULLERES
DE TEIS ASASINADOS E
REPRESALIADOS DURANTE
A DITADURA FASCISTA
(1936-1975) POLA
DEFENSA DA DEMOCRACIA E DOS
INTERESES POPULARES
NESTE LUGAR FORON ASASINADOS
ÁNGELA IGLESIAS REBOLLAR E
JOSÉ NIEBLA GARCÍA 11-04-1937
TEIS, 25 DE DECEMBRO DE 2008
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estaba casada con José Niebla García, con quen tiña dous fillos, José e Eliseo, e esperaba un terceiro. Evanxélicos e acusados de dar refuxio aos fuxidos do réxime, o 11 de abril de 1937 asaltaron e saquearon a súa casa do Toural, Teis, queimando os seus bens e incautando unha máquina de coser. Os fillos foron separados do matrimonio, que foi paseado ata o cumio do monte da Guía, onde os executaron a tiros.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 31 de marzo de 2008 o concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faleceu aos 26 anos de idade.
- ↑ Ángela Iglesias Rebollar e José Niebla García
- ↑ Bragado, Manuel (30 de marzo de 2008). "Seis mulleres na memoria". Faro de Vigo.
- ↑ 42°15′5.2″N 8°41′29.8″O / 42.251444, -8.691611
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángela Iglesias Rebollar |