Xosé Ramón Gayoso
![]() (2021) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1956 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, actor de televisión, director de televisión ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no negocio familiar de seus avós maternos Ramón e Rosa, a confeitaría La Imperial, situada na rúa Panadeiras da Coruña, onde traballaba tamén súa nai Rosa Benita Bonigno Villarméa.[1][2] Pasou os seus primeiros anos na rúa Cartuchos (actual Varela Silvari), onde vivía coa súa familia antes de se mudaren á rúa José Luis Pérez Cepeda.[3] Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha e dende pequeno comezou a actuar xunto a seu irmán Juan Bautista na rondalla do centro.[1]
Comezou a practicar atletismo con 12 anos, cando estudaba na hoxe desaparecida Academia Galicia, e especializouse en lanzamento de martelo.[4] Federouse no Club Atletismo Coruñés e adestraba a diario no estadio de Riazor, e en 1973 foi internacional coa selección española xunto ao seu irmán Juan Bautista, participando ambos nos xogos da FISEC en Francia, e subindo os dous ao podio do lanzamento de martelo, sendo a vitoria para Juan e o terceiro posto para Xosé Ramón.[4] Foi campión de Galicia xuvenil e en 1975 campión de España xuvenil cun lanzamento de 46 m.[5] Foi tamén medalla de bronce nos campionatos de España júnior.[3]
Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973 e xogador de balonmán do OAR A Coruña,[6] con quen en 1976 formou o dúo Álvaro y José Ramón. En marzo do ano seguinte o dúo saíu vencedor da cuarta edición do Festival da Canción «Liceo La Paz», onde un xurado formado entre outros por Nonito Pereira, lles deu a maior puntuación, por diante de Ana Mediero (segunda) e o grupo Escaino (terceiros).[7]
En 1978 o dúo mudou o seu nome polo de "Keltia" e a finais dese ano editaron Choca esos cinco, un disco que foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.[1][8] En marzo de 1979 Keltia realizou unha actuación en TVE, dentro do programa musical Aplauso.[6][9]
Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela e recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na nacente TVG. Tentouno primeiro como asesor xurídico, pero ao non conseguilo, acabou conseguindo un posto de presentador. Exerceu como presentador dende o 24 de xullo de 1985, o primeiro día da emisión da canle, xunto a outros rostros como Dolores Bouzón, Xosé Manuel Maseda, Eva Veiga ou Mon Santiso.[1][10]
Nos seguintes anos presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi a partir de 1992 cando se fixo inmensamente popular, grazas ao seu traballo como presentador de Luar, un programa eminentemente musical e con especial atención á música tradicional e popular galega, emitido os venres pola noite.[11] O programa foi líder de audiencia durante décadas e Gayoso converteuse nunha das personalidades máis célebres da sociedade galega.[11]
No ano 2003, na 1ª edición dos Premios Mestre Mateo, recibiu o galardón ao mellor comunicador de Galicia, recoñecemento que repetiu na edición de 2013. No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao[12] e o Premio Rebulir da Cultura Galega, en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia a través do programa Luar.[13] Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Audiovisual en 2022.[14] Segundo o xurado, "o seu rostro aparece desde o primeiro minuto da emisión da TVG, e desde entón mantense na pantalla nun dos programas máis lonxevos".[15]

No ano 2023 someteuse a unha operación de cadeira, sendo substituído durante tres programas por Esther Estévez, ata o seu regreso ás pantallas en outubro.[16][17]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Gañador |
2010 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Nomeado |
2013 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Gañador |
- Premio da Cultura Galega en 2022[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Bugallal, Isabel (2010-05-04). "José Ramón Gayoso: "La culpa de todo la tienen mis padres por subirme al escenario"". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-09-24.
- ↑ Faginas, Sandra (8 de maio de 2011). "«Soy un tipo ordinario y fiel a mi mujer»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 Pereira, Nonito (10 de febreiro de 2018). "José Ramón Gayoso Bonigno: El incombustible" (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2025.
- ↑ 4,0 4,1 Martínez, Enrique (12 de agosto de 2017). "Xosé Ramón Gayoso: "Mi vida entera es un verano maravilloso"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2025.
- ↑ Mejuto, Vítor (24 de setembro de 2023). "Viaje al mundo íntimo de Gayoso". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ 6,0 6,1 "Esta tarde, en Televisión Actuación del dúo coruñés «Keltia», en el programa «Aplauso»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 10 de marzo de 1979. p. 30.
- ↑ "Álvaro y José Ramón, ganadores del IV Festival de la Canción Liceo La Paz". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de abril de 1977. p. 23.
- ↑ Soto, Roque (25 de xuño de 2008). "Cara Tula". caratulascoque.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2023-09-24.
- ↑ Actuación de Keltia no programa Aplauso (Televisión Española). 10 de marzo de 1979.
- ↑ Televisión de Galicia (16 de maio de 2016). Primeiro día da programación de Televisión de Galicia (TVG) (YouTube).
- ↑ 11,0 11,1 Alonso, Guillermo (5 de xuño de 2022). "‘Luar’, el programa televisivo que lleva 30 años siendo el pegamento de la cultura gallega". El País (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017. Arquivado 17 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Redacción (2017-09-19). "Uxía, Gayoso e Lois Antón recibirán os premios Rebulir de Cultura Galega en Ramirás". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2023-09-24.
- ↑ Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04.
- ↑ Diario, Nós (2022-10-04). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. Consultado o 2022-10-05.
- ↑ "¿Quién es Esther Estévez, la nueva presentadora de 'Luar' que sustituirá a Gayoso?". Faro de Vigo (en castelán). 23 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ "Gayoso volve presentar 'Luar'". 6 de outubro de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Ramón Gayoso ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Luar no sitio web da TVG.
- Wikipedia:Artigos que requiren referencias desde 30-01-2024
- Presentadores da TVG
- Nados na Coruña
- Medalla de Prata de Galicia
- Nados en 1956
- Medallas Castelao
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Atletas de Galicia
- Cantantes de Galicia
- Cantantes en lingua galega
- Cantantes en lingua castelá
- Avogados de Galicia
- Premios da Cultura Galega