Constantino García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constantino García
Nacemento 20 de xullo de 1927
Lugar Oviedo
Falecemento 23 de outubro de 2008
Lugar Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación escritor
Premios Medalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo [1] de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de formarse nas universidades de Oviedo, Complutense de Madrid e Bonn, en 1965 chegou á Universidade de Santiago de Compostela para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega en 1971 e do Centro Ramón Piñeiro en 1993, e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En 1982 ingresa na Real Academia Galega, entidade da que foi secretario entre 1997 e 2001. Recibiu a Medalla Castelao en 2002.

Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na Televisión de Galicia do programa Cousas da lingua, un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do Atlas Lingüístico Galego e de diversas obras lexicográficas.

Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo,[2] retirouse da actividade cultural e intelectual.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense (1960).
  • Léxico de la comarca compostelana (1974).
  • Galego onte, galego hoxe (1976, Universidade de Santiago).
  • Recantos da lingua (1982, La Voz de Galicia).
  • Retrincos da lingua (1982).
  • Glosario de voces galegas de hoxe (1985).
  • Temas de lingüística galega (1985).
  • Follas da lingua (1987).
  • Cousas da lingua (1989).
  • Cartafol da lingua (1990).
  • Peneirando palabras (1990).
  • Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro (1991).
  • Tesouros da lingua (1993).
  • Glosas da lingua (1995).
  • El castellano de Galicia (1998).
  • O libro das palabras (2003).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ricardo Carvalho Calero, na súa resposta ao discurso de recepción a Constantino García na RAG, menciona a data de 20 de setembro (p. 17).
  2. "Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro", Vieiros, 24/10/2008