Coroza
Unha coroza,[1] caroza[2] é unha peza de vestir galega feita de xuncos empregada en épocas de choiva para resgardarse dela.[3] Completábase cunhas polainas do mesmo material.
Está confeccionada en tres partes, unha exterior que cobre os ombreiros e chega até a cintura, e dúas interiores que comezan dende os ombreiros e que chegan até os pés. Na parte inferior das pernas póñense as polainas e para os pés unhas botas de coiro con sola de madeira.[4] Pode levar un capelo,[5] unha carapucha feita en capas do mesmo material para cubrir a cabeza.
Esta peza de vestir foi caendo en desuso, e o 6 de marzo de 2018, morreu en Castro, Carballedo, Alejandro Regal Regal, o último fabricante de corozas da comarca de Chantada e, poida que o último de Galicia. Alejandro tiña 88 anos e era un dos últimos artesáns que sabían como elaborar este traxe.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coroza.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caroza.
- ↑ B, J (13 de decembro de 2009). "El Lalín de 1926 con ojos de mujer". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Museo del Traje (ed.). "Coroza". Consultado o 13 de xuño de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para capelo.
- ↑ Fernández, Roi (6 de marzo de 2018). "Muere en Carballedo el último fabricante de carozos de la comarca de Chantada". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coroza |