Inmaculada Paz-Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla Castelao Galiza Spain.png

María Inmaculada Paz-Andrade Rodríguez, nada en Pontevedra o 14 de novembro de 1928, é unha influente[1] científica galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Doutora en Física (1963) e catedrática de física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Ampliou estudos en Manchester e Marsella e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, estudos calorimétricos e determinacións de calor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR.

Si que pensei en tirar a toalla. Ser muller e competir na universidade é moi duro.[2]
Arde Galicia porque lle plantan lume.[3]

É sobriña de Valentín Paz-Andrade.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Era del vapor y el nacimiento de una nueva ciencia: la termodinámica, 1990.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999), a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2000) e a Medalla Castelao (2008).[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]