Malores Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Malores Villanueva
Malores Villanueva Premio Illa Nova (cropped).jpg
Nacemento26 de xuño de 1982
 A Xesteira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora, filóloga e editora literaria
editar datos en Wikidata ]

María Dolores Villanueva Gesteira, máis coñecida como Malores Villanueva, nada na Xesteira (Almofrei, Cerdedo-Cotobade) o 26 de xuño de 1982, é unha profesora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio Público Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas) e no IES Xunqueira II (Pontevedra). Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Filoloxía Galega, obtendo o Premio Nacional Fin de Carreira, e en Filoloxía Románica, licenciatura pola que recibiu o Premio Fin de Carreira de Galicia. O 20 de xaneiro de 2016 defendeu a súa tese de doutoramento: A Editorial Galaxia: proxecto e traxectorias 1950-1963[1].

Entre 2006 e 2011 foi secretaría dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia e impartiu docencia na licenciatura e grao de Filoloxía Galega (USC) entre 2009 e 2011. Tamén foi Professora d'Estudis Gallecs (lectora da Xunta de Galicia) na Universidade de Barcelona[2]. En xullo de 2017 aprobou as oposicións de secundaria en Lingua Galega e Literatura[3] e comezou a impartir docencia no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo e logo en 2019 con destino definitivo no IES Álvaro Cunqueiro da mesma cidade.[4]

Antes de aprobar as oposicións foi Directora de edición e comunicación da Editorial Galaxia[5] e desde 2018 editora externa.

Participou como xurado nos Premios da Crítica 2018[6] e no Premio Blanco Amor de novela[7] e no Premio de Relato Breve Nélida Piñón[8]. Coordinou o Premio Illa Nova de Narrativa [9] e o Premio Viadutos de Novela do Concello de Redondela.

Colaborou en publicacións coma Grial, Revista Sarmiento, A Trabe de Ouro, Revista Murguía, Boletín da Real Academia Galega, Fronterad-Revista dixital, Tempos Novos, Estudos de Lingüística Galega, Informe de Literatura ou Madrygal. Revista de estudios gallegos.[10] Algúns son críticas literarias, pero moitos outros teñen que ver coa situación lingüística durante o franquismo, os discursos, o galeguismo nese momento crucial.

Foi padroeira da Fundación Penzol e da Fundación Premios da Crítica e formou parte dende o 1 de febreiro de 2016 do Consello Social da Lingua do Concello de Vigo. Tamén foi colabora externa do Instituto da Lingua Galega [11] e participou en ProLingua.

Presentación de Feminicidio de Carme Adán na Casa das Campás o 31/01/2018. Coa autora e Luís Bará.

Colaborou en Chamando á terra da Radio Galega[12] e mesmo foi pregoeira da Festa do Petote en Carballedo (Cotobade) en 2011[13].

Publicacións[editar | editar a fonte]

En obras colectivas:

  • Mil e un Cunqueiros: novas olladas para un centenario : do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 (2014),coord. por Manuel Forcadela, Teresa López, Dolores Vilavedra Fernández, "Álvaro Cunqueiro na órbita de Galaxia: a recuperación do escritor", páxs. 263-279 e "Álvaro Cunqueiro no seo do galeguismo", páxs. 283-294.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963". USC. Consultado o 10/12/2018. 
  2. "Malores Villanueva". ub.edu. Consultado o 05/11/2018. 
  3. "DOG. Anuncio GO164-070817". dog. Consultado o 05/11/2018. 
  4. "Resolución DOG Martes, 14 de maio de 2019" (PDF). edu.xunta.gal. Consultado o 14/05/2019. 
  5. "Administración". Editorial Galaxia. Consultado o 05/11/2018. 
  6. "Malores Villanueva". axendacultural.aelg. Consultado o 05/11/2018. 
  7. "Xavier Queipo gana el XXIV premio Blanco Amor de novela". El Correo Gallego. Consultado o 05/11/2018. 
  8. "DANIEL ASOREY GAÑA A II EDICIÓN DO PREMIO DE RELATO BREVE NÉLIDA PIÑÓN". culturagalega.gal. Consultado o 10/12/2018. 
  9. Editorial Galaxia (07/06/2017). Entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 (YouTube). 
  10. "María Dolores Villanueva Gesteira". dialnet.unirioja.es. Consultado o 10/12/2018. 
  11. "Publicacións". ilg.usc.es. Consultado o 05/11/2018. 
  12. "Chamando a terra do día 02-06-2018". ctrvg.es. Consultado o 05/11/2018. 
  13. "Una sencilla esquisitez". Faro de Vigo. Consultado o 05/11/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]