Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia | ||||
---|---|---|---|---|
XI Lexislatura | ||||
![]() | ||||
Datos xerais | ||||
Ámbito | ![]() | |||
Creación | 1981 | |||
Tipo | Parlamento autonómico (unicameral) | |||
Límite | Lexislatura de 4 anos | |||
Liderado | ||||
Presidente | Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG) desde o 21 de outubro de 2016[1] | |||
Vicepresidenta primeira | Elena Candia (PPdeG) desde o 24 de maio de 2022 | |||
Líder da maioría | Alfonso Rueda (PPdeG) desde o 12 de maio de 2022 | |||
Líder da oposición | Ana Pontón (BNG) desde o 2020 | |||
Composición | ||||
Membros | 75 deputados | |||
![]() | ||||
Grupos representados | Goberno (42)
Oposición (33) BNG 19 deputados PSdeG-PSOE 14 deputados | |||
Salario | 4.953,39 €/mes [2] | |||
Título primeiro, capítulo primeiro do Estatuto de autonomía de Galicia | ||||
Eleccións | ||||
Sistema electoral | Representación proporcional por listas | |||
Última elección | 12 de xullo de 2020 | |||
Sede(s) | ||||
Hemiciclo da cámara (Pazo do Hórreo, Santiago de Compostela) | ||||
Sitio web | ||||
www.parlamento.gal | ||||
Cronoloxía | ||||
|
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).
Funcións[editar | editar a fonte]
- Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
- Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia.
- Aprobar os seus orzamentos.
- Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega.
- Escoller de entre os seus membros a Presidencia da Xunta.
- Esixirlles responsabilidades á Xunta de Galicia e ao seu presidente.
- Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
- Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
- Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
- Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.
O Parlamento representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan todas as outras, e é inviolable.
Sede[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Pazo do Hórreo.
O pazo de Xelmírez foi a sede provisional do Parlamento de Galicia desde a súa constitución o 19 de decembro de 1981[3] ata que se trasladou ó pazo de Fonseca no verán de 1982[4] e, finalmente, á actual sede no pazo do Hórreo en marzo de 1989. Para conmemorar os 30 anos da institución, o 19 de decembro de 2011 celebrouse no pazo de Xelmírez unha sesión extraordinaria do Parlamento.[5][6]
O Pazo do Hórreo conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados e deputadas poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.
O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.
O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca. Desde 1997 a biblioteca do Parlamento acolle o arquivo bibliográfico e persoal de Ricardo Carvalho Calero, unha colección formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas, documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis).[7]
Composición[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Composición do Parlamento de Galicia.
O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Para a configuración da cámara na XI Lexislatura foron convocadas eleccións ao Parlamento de Galicia e convocáronse eleccións para o día 12 de xullo de 2021. Dos resultados desas eleccións deriva a configuración da cámara para a XI Lexislatura.
Nestas eleccións celebradas o 12 de xullo, o resultado foi:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 42 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 19 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 14 deputados.
Mesa do Parlamento[editar | editar a fonte]
- Presidencia: Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1ª: Elena Candia López (PPdeG)
- Vicepresidencia 2ª: Montse Prado Cores (BNG)
- Secretaría: María Corina Porro Martínez (PPdeG)
- Vicesecretaría: Marina Ortega Otero (PSdeG)
Grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia | |||
Nome | Partidos | Portavoz | Escanos |
Grupo Parlamentario Popular | PPdeG | Pedro Puy Fraga | 42 |
Grupo Parlamentario Nacionalista | BNG | Ana Belén Pontón Mondelo | 19 |
Grupo Parlamentario Socialista | PSdeG | Luis Manuel Álvarez Martínez | 14 |
Actividade[editar | editar a fonte]
A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.
Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.
Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola súa Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.
Presidencia[editar | editar a fonte]
A presidencia do Parlamento de Galicia é o cargo do máximo representante do poder lexislativo dentro da comunidade autónoma. Ostenta a representación da Cámara e é elixida polo Pleno para a totalidade da lexislatura. Preside todos os demais órganos colexiados do Parlamento. Até o de agora foi ocupada por:
- Antonio Rosón (1981-1986)
- Tomás Pérez Vidal (1986-1989)
- Vitorino Núñez (1989-1997)
- Xosé María García Leira (1997-2005)
- Dolores Villarino (2005-2009)
- Pilar Milagros Rojo Noguera (2009-2016)
- Miguel Ángel Santalices Vieira (2016-actualidade)
Composicións anteriores do Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Lista de deputados no Parlamento de Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Santalices, reelegido presidente del Parlamento con los votos del PPdeG" Europa Press, 21/10/2016.
- ↑ "Réxime económico dos/as deputados/as do Parlamento de Galicia no ano 2022" (PDF). Parlamento de Galicia. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ Fotografía dos parlamentarios Arquivado 19 de abril de 2014 en Wayback Machine. achegándose aquel día ó acto de constitución no Pazo de Xelmírez.
- ↑ Marcos Peŕez Pena (11 de xullo de 2020). "Canto sabes sobre a historia das eleccións ao Parlamento galego?". Praza Pública.
- ↑ "El Parlamento agradece a la USC su hospitalidad durante casi siete años". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-06-29. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ "El Parlamento de Galicia, tres décadas de democracia". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ O pazo do Hórreo na páxina web do Parlamento de Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parlamento de Galicia ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Torre, Rafael (2011). Parlamento de Galicia, ed. Trinta anos do Parlamento de Galicia 1981-2011 (PDF). Santiago de Compostela. ISBN 978-84-7836-097-0. Consultado o 21 de decembro de 2012.