Aureliano Pardo Villar
Aureliano Pardo Villar | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1882 |
Lugar de nacemento | Arzúa |
Falecemento | 13 de xaneiro de 1957 |
Lugar de falecemento | Padrón |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aureliano Pardo Villar, nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón o 13 de xaneiro de 1957, foi un frade e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou latín e humanidades en Arzúa e ingresou no convento dominico en setembro de 1898. Cursou os primeiros anos de carreira no convento de San Xoán de Corias (Asturias) e os cinco últimos no convento de Santo Estevo de Salamanca. Foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. Durante a convalecencia foille asignado o convento do Carme de Padrón (1909).
Foi director da Asociación Regional del Santo Rosario (1913) e bibliotecario e sancristán maior no convento de Padrón. Tamén foi socio colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Estudoso da orde dos Predicadores en Galicia, no boletín católico Logos publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo “El convento Santo Domingo de Vivero” e no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense un artigo sobre o santoral (1937), que deu pé á publicación de Santoral gallego (1941). Colaborou en Faro de Vigo, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia co pseudónimo de León Yebra Oliver. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega en 1934, ingresando como membro de número en 1941.
Obras[editar | editar a fonte]
- Los dominicos en Santiago. Apuntes históricos, 1953.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 202. ISBN 84-9812-018-7.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.