Conversa modelo:Onomástica do rueiro de Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mulleres[editar a fonte]

A mesma nova da mesma campaña do ano 2005, mais redactada en La Voz de Galicia: "A campaña «Con nome de muller» explica quen son trece mulleres que dan nome a rúas da cidade". Fala de Concepción Arenal, a Condesa de Casa Bárcena (María Margarita Bárcena Saracho), Fermina Alonso Lamberti (viúva de José Ramón Curbera Fernández), Inés Pérez de Ceta (século XVI, casada con Fernando Fitado de Aldao), Julia Minguillón, María Berdiales (viúva de Manuel Núñez Espinosa), María do Carme Kruckenberg, María Xosé Queizán, Marie Curie, Maruja Mallo, Olimpia Valencia, Purificación López Saavedra e Rosalía de Castro.
Esta é a unidade didáctica. . HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2013 ás 18:05 (UTC)[responder]

Pregunta[editar a fonte]

Fai un tempo que vin este modelo e o de Santiago e non sei o axeitados que serán por unha cuestión que se me ocorreu estes días: ¿cantas rúas adicadas a Rosalía ou Castelao haberá en Galicia?, ¿imos encher eses artigos cos modelos de tódalas vilas que lles adican unha rúa?. Deixo a pregunta aquí porque penso que é o modelo máis "movido" e onde pode ter mellor resposta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:41, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Pois non. O modelo fíxeno coa intención de metelo só nos artigos dos persoeiros máis ligados a Vigo, que por outra banda, nalgúns casos, deixaría así de estar illados.
Incluíno, por exemplo, no artigo Manuel Gómez Román, mais non se me ocorre metelo en Cristovo Colón. --. HombreDHojalata.conversa 09:41, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Cal é o de Santiago? Non o atopo. Podes ligalo?--. HombreDHojalata.conversa 09:43, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Perdón, o de Santiago non é coma este, o de Santiago é un modelo de artigos da cidade e que dentro ten ligazóns ós artigos dalgunhas rúas e prazas, por exemplo a Praza de Cervantes. Boeno, eu comentaba o tema porque si se aplica este modelo máis cidades pode dar lugar a problemiñas, e canto antes se vexan mellor... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:17, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Ordenación[editar a fonte]

Vexo que o criterio é, máis ou menos, ordenar alfabeticamente polo nome e non polo apelido. Iso, ademais de dificultar a busca, trae consigo facilitar o erros por repetición: temos unha rúa dedicada a "Alvarez Blázquez" e ¿outra? dedicada a "Xosé María Alvarez Blázquez". Pedro --Lameiro (conversa) 18:49, 7 de decembro de 2011 (UTC)

E unha lista de rúas. O criterio e nomealas e ordenalas tal como aparecen nas listas de rúas. No rueiro que empreguei aparece:
  • A: Álvarez Blazquez, Pº 5 C-1/D-1
  • X: Xosé María Álvarez Blázquez (do), Pº 5 C-1/D-1
Esta claro que se refire ao mesmo paseo e ao mesmo persoeiro. Pensando en que falamos de nomes de rúas, deixo a primeira opción no modelo e borro a segunda. --. HombreDHojalata.conversa 10:22, 8 de decembro de 2011 (UTC)
Corrixo. Son dúas entradas diferentes, adicadas a dous irmáns. O "Paseo Cronista Álvarez Blázquez" (adicado a Xosé María no Monte do Castro) e a "Rúa Darío Álvarez Blázquez" (nun lateral do Teatro García Barbón). . HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2013 ás 18:06 (UTC)[responder]

Visibilidade[editar a fonte]

Penso que sería bo pór visibles tamén as ligazóns aos artigos aínda non existentes, porque pode funcionar como unha especie de "artigos solicitados" que anime á xente a crealos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xuño de 2013 ás 12:39 (UTC)[responder]

Feito. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2013 ás 22:21 (UTC)[responder]

Rúa Casiano Martínez[editar a fonte]

A rúa xa tiña ese nome a principios do século XX, así que non creo que se trate de Casiano Martínez Barja, pero tampouco teño ningunha fonte que confirme que se trata de Casiano Martínez Blanco, polo que sospeito que se trata doutro Casiano Martínez, pero quen? --Xas (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 22:58 (UTC)[responder]

Efectivamente, tratábase de Casiano Martínez Fernández. --Xas (conversa) 13 de novembro de 2013 ás 01:01 (UTC)[responder]