María Victoria Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Victoria Moreno
Fotografía familiar de María Victoria Moreno recortada.jpg
M.ª Victoria nos anos 90.
Nome completo María Victoria Moreno Márquez
Nacemento 1 de maio de 1939
Lugar Valencia de Alcántara
Falecemento 22 de novembro de 2005 (66 a.)
Lugar Pontevedra
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Madrid
Cónxuxe José Luis Llácer [1]
Pedro Ferriol Suárez
Fillos Begoña Llácer
Carlos Alberto Llácer [2]
Xéneros Literatura infantil e xuvenil, narrativa, poesía, ensaio
Influíu Fina Casalderrey
Estudos Filoloxía Románica
Profesión Profesora de ensino secundario
María Victoria Moreno firma.JPG
editar datos en Wikidata ]

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005,[3] foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas.[4] Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.[5]

En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva ese recoñecemento na historia da celebración.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu en 1939,[6] xusto un mes despois do anuncio da fin da guerra civil española, se ben na súa mocidade dixo que nacera en 1941 para comezar o bacharelato coas rapazas menores ca ela porque non tivera ocasión de se matricular antes.[7][8] Do mesmo xeito, tamén falseou a súa idade ao comezar os estudos universitarios.[9] É por iso que algunhas fontes[10][11][12][13][14] sinalan 1941 como o ano de nacenza da autora.

O seu pai, Vicente Moreno Moreno, natural de Lagartera, Toledo, fora mobilizado en 1937 na Facultade de Dereito para ir á fronte na guerra civil española. Nese mesmo ano, durante un permiso, casou coa mestra Sara Márquez Bueno, malagueña que estudara maxisterio en Córdoba, filla dun militar que viñera de Manila e unha madrileña. A nai quedou na casa dun irmán seu, Antonio, a quen destinaran como policía á vila de Valencia de Alcántara, a doce quilómetros da fronteira con Portugal.[2] María Vitoria, que foi a primoxénita, tivo tres irmáns: Sara (setembro de 1940), Antonio (maio de 1942) e Rafael (decembro de 1943).

Vicente foi destinado en 1943 a Segovia[2] morrendo en 1949 por mor da tuberculose. María Victoria tiña dez anos de idade. A nai, rematada a excedencia que solicitara, puxo escola en Sepúlveda. Como alí non había instituto, tanto Victoria como a súa irmá Sara tiveron que ir facer o bacharelato fóra. En 1951 conseguiu unha bolsa de estudos e foi a Barcelona, interna nun colexio da Sección Femenina —a súa irmá Sara foi enviada a Sanlúcar de Barrameda—. Alí aprendeu catalán e francés, e descubriu a literatura, lendo por vez primeira o Quixote de Cervantes e O principiño de Saint-Exupéry, que se habían converter nas súas obras favoritas. Nos veráns volvía ás aldeas de Segovia onde traballaba a súa nai.[2] De 1858 a 1963 estudou Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, onde tivo de profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.[6]

En Madrid colaborou coa ONCE traducindo libros do francés e lendo para cegos.[15] Alí coñeceu ao valenciano José Luis Llácer, invidente dende os tres anos de idade, dez anos maior ca ela,[16] co que casou ao rematar a carreira, en xullo de 1963, e co que se trasladou a Pontevedra no mesmo ano do licenciamento, pois Llácer fora contratado como profesor no colexio Santiago Apóstolo da ONCE desa vila,[17] do que chegaría a ser director.

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Pontevedra, María Victoria estivo dando clases como profesora interina durante dous anos. En 1965 aprobou a oposición e foi destinada ao Instituto Masculino de Lugo (hoxe IES Lucus Augusti), onde estivo outros dous anos e tivo por compañeiro a Xesús Alonso Montero, con quen fixo amizade. Do profesor Alonso Montero escribiu: A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro e recoñezo coma mestre.[18] Alí tivo por alumno, entre outros, a Xesús Rábade Paredes.[19] Despois traballou catro anos en Vilalonga (Sanxenxo), onde comezou a escribir a novela Anagnórise. Volveu a Pontevedra en 1967, primeiro con praza de profesora e despois catedrática, e deu clase no Instituto Feminino (agora IES Valle-Inclán) e no IES Gonzalo Torrente Ballester. Entre os alumnos que tivo estaba Rosario Álvarez Blanco. En 1973 foi cofundadora, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, Alfredo Conde, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.[20][21]

Traslado da denegación de autorización para a concesión de pasaporte.[9]

Na ditadura franquista non se ensinaba a lingua galega, mais María Victoria dedicaba parte das clases de literatura española dos venres a ensinar literatura galega.[2] Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e de Galicia. A súa fascinación dende moi nova por Galicia e pola súa lingua provocaron nela unha entrega absoluta á defensa e promoción do galego.[22] En xullo de 1973 foille retirado o pasaporte por participar nuns cursos de galego que organizara o Ateneo de Ourense, presidido por Manuel Peña Rey. María Victoria impartira eses cursos, non remunerados, en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa desde 1971. A policía receaba tamén da súa amizade con Alonso que, como vimos, coñecera en Lugo, cando ela fora profesora alí, e el catedrático.[16]

En 1975 o matrimonio completou o proceso de adopción dos seus fillos, Begoña e Carlos Alberto, que iniciaran dous anos antes.

En xaneiro de 1996 morreu o seu home, José Luis Llácer, e en 1997 foille diagnosticado cancro de mama a María Victoria.

Pedro Ferriol, un capitán da mariña mercante cubano foi o seu compañeiro durante os seus tres últimos anos de vida, relación que comezou de xeito epistolar. Casaron en maio de 2003. María Victoria Moreno morreu aos 66 anos de idade, ás nove da mañá do 22 de novembro de 2005, vítima do cancro.[23][24][25]

Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou en libros de texto e dirixiu, canda Antonio García Teijeiro e David Otero, a colección Árbore de literatura infantil da editorial Galaxia desde 1988.[26] Como lectora, no ámbito das letras en galego nunca agochou o seu gusto pola narrativa de Ramón Otero Pedrayo ou de Carlos Casares:

[para ler boa literatura, lía] a Miguel de Cervantes, evidentemente. E tamén a Antoine de Saint-Exupéry (...) E gústame a prosa dos hispanoamericanos inmediatamente anteriores ao boom. Miguel Ángel Asturias, por exemplo (...) Gústanme os escritores éticos e con compromiso, cunha prosa exuberante. E de Galicia gústanme os mellores que hai. Valoro moito a lírica medieval, a prosa de Otero Pedrayo e de Carlos Casares, a poesía de Fernán Vello.[27]

A súa biblioteca persoal, de 5 009 volumes,[28] incluídas varias edicións e uns 150 estudos de Don Quixote, foi doada ao IES Gonzalo Torrente Ballester.[29]

Obra[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil
Anagnórise na BG120.
  • "Xa non teño medo"
  • "Can branco, can negro" (antes publicado como "Nico e Miños")
  • "Un cachiño de bica".
  • "Querida avoa"
  • "S.O.S."
  • "O libro das saudades e os degoiros"
  • "Pan con chocolate"
  • "O encontro"
  • "O grumete"
  • "O amor e as palabras"
Ensaio
Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor.

— MVM, 1993, "Poetas alófonos en lingua galega".[19]

Narrativa
Poesía
  • Elexías de luz, Vigo, Xerais, 2006.
Traducións
Obras colectivas
IES Valle-Inclán, onde traballou.
IES G. Torrente Ballester de Pontevedra, onde deu clase e ao que cedeu a súa biblioteca particular.
  • "O cataventos", en Contos pra nenos, Vigo, Galaxia, 1979.
  • "Comentarios de texto: descubrir a realidade", en Xornadas da Lingua Galega no Ensino, Santiago, Xunta, 1984.
  • Literatura século XX. Iniciación universitaria, Vigo, Galaxia/SM, 1985. Con Xesús Rábade Paredes.[43]
  • "Nico e Miños", en 8 contos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1989.
  • "Querida avoa", en Lerias, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.[44]
  • "S.O.S.", en Contos de hogano, Santiago de Compostela, El Correo Gallego, 1992.
  • "O libro das saudades e os degoiros", en Ruta Rosalía 1993, Caixa Galicia. Santiago de Compostela, 1993.
  • "Pan con chocolate", en Relatos para un tempo novo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993.
  • "Discurso pronunciado por Xesús Alonso Montero no acto no que recibiu o Pedrón de Ouro", en Comentarios de textos populares e de masas, Xerais, 1994.
  • "¿Escritora alófona eu?", p. 107-111, en Poetas alófonos en lingua galega, Vigo, Galaxia, 1994.[45]
  • E dixo o corvo..., Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997.[46]
  • "¡Xa non teño medo!", en A maxia das palabras, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1998-1999.
  • "Amigos de mil cores", en Campaña de Lectura 2001, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2001.
  • "Carta de amor", en Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, Santiago de Compostela, CCG, 2003.[47]
  • "O encontro", en Un libro, a maior aventura, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2003.
  • "O grumete", en Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2004.
Obra en revistas

En castelán[editar | editar a fonte]

Edicións
Obra en revistas
  Non atopei mellor tratado de amor que o capítulo XXI de Le petit prince, o que comeza decindo: «C'est alors qu'apparut le renard...»

— M.V.M., [16]

  • "M.V.M., una profesora feliz de serlo". CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil (Barcelona) (41): 48–50. xullo-agosto de 1992. [16]
Novela
Traducións

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Placa na pontevedresa avenida de Vigo, onde viviu: "As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos".

Foi finalista do Premio Café Gijón e obtivo o primeiro premio dos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães co relato La casa de las Marías.

Foi a autora homenaxeada a título póstumo na VII edición do Salón do Libro Infantil de Pontevedra no ano 2006.[28]

En 2017 foi escollida, por un voto de diferenza,[50] para ser a personalidade homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018.[19] Os outros candidatos foron Ricardo Carballo Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleirón.[51]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Retrato pop art da autora. 
 
Retrato. 
De esq. a der.: Pedro Ferriol (marido de Mª V. Moreno), Tito Seixas (libreiro amigo) e Begoña Llácer (filla). 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Concurso de cuentos en homenaje a Victoria Moreno". La Voz de Galicia (en español). 13/2/2006. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Aleixandre, M.; Casalderrey, F. (2018). "Figuras homenaxeadas". RAG. 
  3. Bragado, Manuel (22/11/2005). "Un abrazo, María Victoria". Ás nove e media desta mañá María Victoria despediuse para sempre 
  4. Alonso Montero, X. (2/7/2017). "María Victoria Moreno, filóloga sen fronteiras". La Voz de Galicia. 
  5. Soto 1999, p. 17-21.
  6. 6,0 6,1 Soto Meijomence, Alejandra: María Victoria Moreno. A reivindicación da literatura infantil e xuvenil Álbum de Mulleres. CCG. 2007.
  7. Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 42.
  8. Vila, Sara (29/11/2017). "Por enriba de todo, María Victoria Moreno era mestra". Diario de Pontevedra. 
  9. 9,0 9,1 Casalderrey, F. e Aleixandre, M. (2017). "A verdadeira data de nacemento de María Victoria Moreno". Grial (215): 12–13. ISSN 0017-4181. 
  10. Ríos 2016, p. s/n.
  11. Fernández del Riego 1992, p. 288.
  12. Dicionario biográfico de Galicia, t. 3, p 7.
  13. Diciopedia do século 21, t. 2, p 1411.
  14. Gran Enciclopedia Galega (DVD).
  15. Lorenzo Montero 2017, p. 8.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Moreno, M. V. (1992). "M.V.M., una profesora feliz de serlo". CLIJ (41): 48–50. 
  17. Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 46.
  18. "O mestre das palabras. Xesús Alonso Montero deixa as súas clases coma catedrático de Literatura Galega na Universidade de Santiago tras 47 anos de actividade docente". La Voz de Galicia. 22/2/2000. 
  19. 19,0 19,1 19,2 "O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno…". RAG. 17/6/2017. 
  20. "Margariña Valderrama". La Voz de Galicia (en español). 17/5/2008. 
  21. Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 15.
  22. 22,0 22,1 Soto, Isabel (6/2/2006). "Despedidas que mancan o corazón". LG3. O soportal da literatura galega. CCG. 
  23. Castro Veloso, Francisco A canción do náufrago 23/11/2005.
  24. "Morre María Victoria Moreno, autora de Anagnórise" Vieiros.
  25. "A escritora allea e nosa que cativou o público infantil e xuvenil" RAG, 20/11/2015.
  26. Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 8.
  27. Neira Cruz, X. A. (decembro de 1999). "Estou a escribir contrarreloxo". Fadamorgana. Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (3): 16. 
  28. 28,0 28,1 Lorenzo Montero 2017, p. 26.
  29. "Maestra, escritora y generosa". Faro de Vigo (en español). 14/5/2011. 
  30. Existen versións en aranés, catalán, castelán e éuscaro.
  31. A festa no faiado imaxe da portada.
  32. Existen versións en catalán e castelán.
  33. 33,0 33,1 Existe versión en castelán.
  34. Anagnórise, vista previa en Google Books
  35. Existe versión en catalán.
  36. Ficha, na páxina de Galaxia, da edición de 2017
  37. Guedellas de seda e liño, vista previa en Google Books.
  38. Selección de relatos espallados que foran publicados maioritariamente en libros colectivos.[1]
  39. As linguas de España imaxe da portada.
  40. Verso e prosa imaxe da portada.
  41. Con limiar de Xesús Alonso Montero.
  42. 42,0 42,1 Mª Victoria Moreno Márquez na páxina da BiTraGa.
  43. Imaxe da portada de Literatura século XX
  44. Ficha de Lerias na Biblioteca Virtual Galega.
  45. [2] Actas do I congreso. Edición de Xesús Alonso Montero e Xosé M. Salgado. ISBN 84-7154-922-0.
  46. Publicado para os nenos ingresados no Hospital Xeral de Galicia. Edición coordinada por Carme Porto e Lourdes Maceiras.
  47. "Carta de amor" en Dialnet.
  48. Os novísimos…, imaxe da cuberta
  49. "Lembranza de María Vitoria Moreno" Galaxia, 17/7/2009.
  50. "Unha elección gañada in extremis por un voto". Faro de Vigo. 18/6/2017. 
  51. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará o Día das Letras de 2018" RAG, 13/6/2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Imaxes externas
Fotografía 1 (pasaporte)
Fotografía 2
Fotografía 3 (c) Gonzalo Salgado

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]