Ramón Vázquez Molezún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Vázquez Molezún
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1922 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 1993 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
Real Academia de España en Roma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Ramón Vázquez Molezún, nado na Coruña o 2 de setembro de 1922 e finado en Madrid o 1 de outubro de 1993, foi un arquitecto galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de arquitecto en 1948 pola ETSA de Madrid. Entre 1949 e 1952 estivo de bolseiro pensionado na Academia de España en Roma. Entre 1950 e 1952, ademais, foi correspondente en Roma da Revista Nacional de Arquitectura.

En 1952 fundou xunto a José Antonio Corrales Gutiérrez o estudio Corrales y Molezún. Entre 1981 e 1985 exerceu de Profesor de Proxectos III na ETSA de Madrid. Era curmán do atleta e pintor Manuel Molezún.[1]

Obras principais[editar | editar a fonte]

As obras do estudio Corrales y Molezún mantiñan un estilo racionalista-construtivista[2], e foi un dos estudios de referencia na arquitectura española da posguerra.

Proxectos representativos[editar | editar a fonte]

En 1956 o estudio gañou o primeiro premio do Concurso Nacional para deseñar o pavillón español na Exposición Universal de Bruxelas de 1958[3]. Este pavillón, construído a base de módulos hexagonais desmontables soportados por esveltos piares metálicos, constitúe a obra máis representativa dos arquitectos. O pavillón foi reinstalado en 1959 na Casa de Campo de Madrid, onde se mantén nun estado de grande abandono.

Deseñaron o Centro de Segunda Enseñanza de Herrera de Pisuerga (1954-56) e, en colaboración con Alejandro de la Sota, a residencia infantil de Miraflores de la Sierra (1957).

No campo das vivendas unifamiliares destacan a casa Cela (Palma, 1961-1962), a Casa Huarte (Madrid, 1966), e a casa do propio arquitecto Corrales.

Outros edificios destacables son o edificio de Selecciones del Reader's Digest (1963-1965), e tres edificios madrileños: o edificio Bankunión (1970-1975), o edificio do Banco Pastor (1973) e o edificio auxiliar para o Banco de España (1984).

Premios[editar | editar a fonte]

Sede da Fundación Barrié na Coruña, obra de Vázquez Molezún con Rafael Olalquiaga e Gerardo Salvador Molezún.
  • 1947: 1ª Medalla na exposición de Acuarelistas de España e Portugal, pola obra Paseo dos Melancólicos.
  • 1949: Gran Premio de Roma polo proxecto de Faro votivo a Santiago Apóstol.
  • 1951: Premio da Dirección Xeral de Belas Artes polo Teatro ao aire libre, homenaxe a Gaudí, na I Bienal Hispanoamericana celebrada en Madrid.
  • 1952: Medalla do Ministerio de Educación Nacional na exposición de Belas Artes.
  • 1953: Gran Premio do Ministerio de Educación Nacional polo proxecto de Museo de Arte Contemporánea e Pazo de Exposicións na II Bienal Hispanoamericana celebrada na Habana.
  • 1954: Premio Nacional de Arquitectura.
  • 1955: Premio de Arquitectura da Trienal de Arte de Milán.
  • 1955: Premio Nacional de Arquitectura polo Museo de Arte Contemporánea e o Pazo de Exposicións.
  • 1955: Primeiro Premio no Concurso de Proxectos para a Delegación de Facenda da Coruña.
  • 1955: Segundo Premio polo proxecto da Facultade de Ciencias de Barcelona.
  • 1956: Primeiro Premio para a realización do Pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas de 1958.
  • 1957: Primeiro Premio polo proxecto Residencia Infantil para Cristalera Española.
  • 1959: Premio do Círculo de Estudos de Arquitectura de París.
  • 1961: Primeiro Premio no Concurso para a Urbanización da Huerta del Rey en Valladolid.
  • 1962: Terceiro Premio no Concurso para a Prolongación da Alameda de Málaga.
  • 1963: Segundo Premio no Concurso de anteproxectos para a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de Madrid.
  • 1964: Segundo Premio no concurso de anteproxectos para o Pavillón Español na Feira Mundial de Nova York.
  • 1964: Terceiro Premio no concurso internacional para a ópera de Madrid.
  • 1970: Primeiro Premio no Concurso para o edificio central de Bankunión en Madrid.
  • 1971: Segundo Premio no concurso para a Sede Central do Banco de Bilbao en Madrid.
  • 1972: Premio Mundial do Industrial Building Design en Chicago.
  • 1972: Primeiro Premio no concurso do novo edificio Banco Pastor en Madrid.
  • 1973: Primeiro Premio no concurso do Parador Nacional de La Seu d'Urgell.
  • 1974: Primeiro Premio no concurso de anteproxectos do Edificio Central de Renfe Chamartín.
  • 1975: Primeiro Premio no concurso de edificio de oficinas centrais de Aviaco.
  • 1975: Primeiro Premio no concurso Novo Gran Kursaal en Donostia.
  • 1977: Primeiro Premio no concurso dos Laboratorios Ibys en Tres Cantos (Madrid).
  • 1978: Premio Juan de Villanueva de Arquitectura polo edificio Banco Pastor.
  • 1978: Primeiro Premio polo Proxecto de Urbanización Sotogrande en San Roque (Cádiz).
  • 1984: Primeiro Premio no Concurso para Residencia do Banco Exterior de España en Conil de la Frontera (Cádiz).
  • 1989: Encargo por Concurso da Universidade Politécnica Carlos III en Leganés.
  • 1993: Medalla de Oro da Arquitectura 1992 do Consello Superior de Colexios de Arquitectos.
  • 1993: Medalla Castelao.
  • 1995: Medalla de Ouro de Honra Unión Fenosa (a título póstumo).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Manuel S. Molezún, pintor". El País (en castelán). 2 de febreiro de 2001. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  2. "El arte de Corrales/Molezún", artigo de Antonio Fernández-Alba en El Mundo, 24 de maio de 1996 (en castelán)
  3. "Corrales y Molezún" Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. na enciclopedia Encarta (en castelán)