Carlos Baliñas Fernández
Carlos Baliñas Fernández | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de decembro de 1930 |
Lugar de nacemento | Quireza |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Múnic e Universidade Pontificia Comillas |
Ocupación | catedrático, filósofo, profesor universitario e catedrático de ensino secundario |
Fillos | Carlos Baliñas Pérez |
Premios | Medalla Castelao e Premio Trasalba |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos-Amable Baliñas Fernández, nado en Vilarchán (Quireza, Cerdedo-Cotobade) o 16 de decembro de 1930, é un profesor e filósofo galego. É pai do historiador Carlos Baliñas Pérez.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo os estudos de filosofía na Universidade de Comillas (Cantabria). Ingresou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela en 1954, trasladándose tres anos despois a Universidade Central de Madrid (na actualidade Universidade Complutense) para facer o segundo ciclo da carreira, onde acadou o título de licenciado en Filosofía, esta vez no ámbito civil. Obtivo unha bolsa da Banca Juan March para completar estudos na Universidade de Múnic (Alemaña), o que o puxo en contacto coas correntes da filosofía europea.
En 1960 incorporouse como Catedrático de Ensino Medio de Filosofía. Exerceu a docencia nos institutos de León, IES Santa Irene de Vigo e IES Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela. En 1963 acadou o doutoramento en Filosofía pola Universidade de Madrid coa tese La historicidad del ser, el concepto de Historia, dirixida por Santiago Montero Díaz.
En 1969 obtivo a Cátedra de Fundamentos da Filosofía e Historia dos sistemas filosóficos da Universidade de Santiago de Compostela. Previo a súa incorporación á universidade compostelá, exerceu de catedrático na Universidade de Barcelona e na Universidade Complutense de Madrid. Xa en Compostela, conseguiu dun xeito sorpresivo a creación dunha Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. Foi decano desta facultade moitos anos.
Participou en política, sendo candidato ao Senado no ano 1977 pola Candidatura Democrática Galega[1]. Foi tamén membro de varias fundacións e padroados.
No ano 2000 foille concedida a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.
Obra[editar | editar a fonte]
O seu campo de traballo intelectual recorre a publicación de numerosos libros (El acontecer histórico, Amor Ruibal en su tiempo y en el nuestro, Descubrindo a Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, entre a poesía e a política, Galicia de papel etc), artigos en revistas especializadas (Revista de Filosofía, Agora, Grial ou Anthropos), entradas en enciclopedias (Enciclopedía de la Cultura Hispánica ou a Gran Enciclopedia Rialp) e na prensa escrita (El Correo Gallego, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia). En 1984 participou na Semana Galega de Filosofía.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Baliñas Fernández, Carlos Amable". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 50. ISBN 84-8064-113-4.