Saltar ao contido

José Elduayen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Elduayen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1823 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xuño de 1898 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Presidente do Senado de España
7 de maio de 1896 – 26 de febreiro de 1898
 Eugenio Montero RíosEugenio Montero Ríos 
Ministro de Estado de España
19 de xaneiro de 1896 – 5 de marzo de 1896
 Carlos O'Donnell y Álvarez de AbreuCarlos O'Donnell y Álvarez de Abreu 
Ministro de Gobernación
23 de novembro de 1891 – 25 de xuño de 1892
 Francisco SilvelaRaimundo Fernández Villaverde 
Ministro de Estado de España
18 de xaneiro de 1884 – 27 de novembro de 1885
 Servando Ruiz-Gómez y González-LlanosSegismundo Moret 
Senador vitalicio de España
29 de setembro de 1881 – 24 de xuño de 1898
Ministro de Estado de España
19 de marzo de 1880 – 8 de febreiro de 1881
 Francisco de Borja Queipo de LlanoAntonio Aguilar Correa 
Ministro de Ultramar
9 de decembro de 1879 – 19 de marzo de 1880
 Salvador Albacete y AlbertCayetano Sánchez Bustillo 
Deputado das Cortes
1 de maio de 1879 – 25 de xuño de 1881
Circunscrición electoral: Q42899708 Traducir
Ministro de Ultramar
12 de febreiro de 1878 – 7 de marzo de 1879
 Cristóbal Martín de HerreraSalvador Albacete y Albert 
Gobernador do Banco de España
20 de outubro de 1877 – 12 de febreiro de 1878
 Pedro SalaverríaMartín Belda y Mencía del Barrio 
Deputado das Cortes
18 de febreiro de 1876 – 15 de xaneiro de 1878
Circunscrición electoral: Q42899708 Traducir
Gobernador civil da provincia de Madrid
11 de febreiro de 1875 – 4 de febreiro de 1877
 Duque de Sesto o SextoLuis Martos y Potestad 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
14 de xuño de 1873 – 8 de xaneiro de 1874
Circunscrición electoral: A Caniza
Ministro de Facenda
26 de maio de 1872 – 13 de xuño de 1872
 Juan Francisco Camacho de AlcortaServando Ruiz-Gómez y González-Llanos 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
13 de abril de 1871 – 28 de xuño de 1872
Circunscrición electoral: A Caniza
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
17 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
Circunscrición electoral: Q42899708 Traducir
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
6 de maio de 1857 – 30 de decembro de 1866
Circunscrición electoral: Q42899708 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, político, enxeñeiro de camiños Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 117907 BNE: XX1091841 Arquivo Histórico de Deputados: 33280

José Elduayen Gorriti, Marqués do Pazo da Mercé,[1] nado en Chinchón,[2] Comunidade de Madrid o 22 de xuño de 1823 e finado en Madrid o 24 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro e político español, ministro de Facenda durante o reinado de Amadeu I, ministro de Ultramar e ministro de Estado durante o reinado de Afonso XII e novamente ministro de Estado e ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
José Elduayen en 1878.

Foi fillo de José Elduayen y Garayoa e de Ángela Gorriti. Logo de obter a licenciatura en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos en 1844, dirixe as obras do Ferrocarril de Langreu que se converteu na terceira liña férrea inaugurada en España e a primeira con proxecto enteiramente español. Neses anos comezaba a súa carreira na función pública, como responsable de Obras Públicas en Xixón. En 1855 trasladouse a Vigo. Participou na creación da Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo (MZOV), asumindo desde 1865 o control total da empresa. Con base no negocio ferroviario creou unha ampla rede clientelar na provincia de Pontevedra.[3]

Foi pai adoptivo de Ángel Elduayen Mathet (1855-1927).

Casou o 25 de maio de 1856, en primeiras nupcias, con Carmen Martínez y Montenegro (1838-1895), filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valladares, coa que tivo dúas fillas:

  • a maior, María de los Milagros Elduayen Martínez (1858-1888), foi oitava marquesa de Valladares polo seu propio dereito e marquesa de Alcedo e de San Carlos polo seu matrimonio en 1883 con Fernando Quiñones de León, titular destes dous marquesados;
  • a segunda, María de los Dolores Elduayen Martínez, nada en Vigo o 14 de febreiro de 1860, foi segunda marquesa do Pazo da Mercé (1901), oitava marquesa de Mos (1919) e décima de Valladares (1919), faleceu o día 1 de febreiro de 1929 sen lograr descendencia do seu marido, Miguel López de Carrizosa y de Giles (1857-1919), marqués de Casa Pavón y de Mochales.[1]

Enviuvou, Elduayen, e, en segundas nupcias, casou con Purificación Fontán y Pérez-Palma (c. 1844-1921),[4] bisneta de Buenaventura Marcó del Pont e filla de Ventura Fontán y Marcó del Pont, Administrador-Director do Real Sitio de El Buen Retiro e da súa fábrica de porcelana, marquesa do Pazo de la Merced.

José Elduayen en 1885.

Marqués do Pazo da Mercé[1] desde 1875,[5] militou no Partido Conservador co que concorreu ás eleccións de 1857 obtendo un escano no Congreso por Vigo. Nas sucesivas eleccións celebradas ata 1879 volveu obter o escano por este distrito con excepción das eleccións de 1867 e nas de 1871, 1872 e 1873 cando foi deputado polo distrito da Cañiza.

Estatua nos xardíns de Montero Ríos.[6]

En 1877 mercou o Castelo de Monterreal de Baiona,[7] onde levantou un palacete. O castelo sería vendido en 1924 por Ángel Elduayen Mathet ao asturiano Ángel Bedriñana Meana e vendido en 1966 ao estado español, e derrubado o palacete de Elduayen, para construír o Parador de turismo actual.[8][9]

En 1878 pasou ao Senado como senador vitalicio chegando a presidir a Cámara Alta entre 1896 e 1898.[10]

Foi ministro de Facenda entre o 26 de maio e o 13 de xuño de 1872 nun goberno que presidiu Francisco Serrano Domínguez, ministro de Ultramar en dúas ocasións: entre o 12 de febreiro de 1878 e o 7 de marzo de 1879, e entre o 9 de decembro de 1879 e o 19 de marzo de 1880 en gobernos de Antonio Cánovas del Castillo destacando nesta segunda etapa a promulgación da Lei de Abolición da escravitude en España que poñía fin ás prácticas escravistas aínda vixentes en Cuba. Posteriormente foi ministro de Estado en tres ocasións: entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881, entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e entre o 19 de xaneiro e o 5 de marzo de 1896 en todas baixo a presidencia de Cánovas. Finalmente, entre o 23 de novembro de 1891 e o 25 de xuño de 1892 foi ministro de Gobernación noutro gabinete Cánovas.

Tamén foi gobernador civil de Madrid e gobernador do Banco de España entre 1877 e 1878.

Ó día seguinte do seu pasamento en 1898, e embalsamados os seus restos, foron trasladados en ferrocarril, canda os dos seus pais, da Estación del Norte de Madrid a Vigo, onde foron velados na antiga Casa do Concello da Praza da Constitución, e dende alí foron levados e depositados en senllos sepulcros nos laterais do interior da capela do Cemiterio de Pereiró, financiada polo propio Elduayen.[11]

Caricatura en Don Quijote, 1895.
R/ Elduayen, postal de Krapf.
Predecesor:

Juan Francisco Camacho

Ministro de Facenda
1872
Sucesor:


Servando Ruiz Gómez

Predecesores:

Cristóbal Martín de Herrera
Salvador Albacete

Ministro de Ultramar
1879 - 1879
1879 - 1880
Sucesores:


Salvador Albacete
Cayetano Sánchez Bustillo

Predecesores:

Francisco de Borja Queipo de Llano
Servando Ruiz Gómez
Carlos Manuel O'Donnell

Ministro de Estado
1880 - 1881
1884 - 1885
1896
Sucesores:


Antonio Aguilar Correa
Segismundo Moret Prendergast
Carlos Manuel O'Donnell

Predecesor:

Francisco Silvela y de la Vielleuze

Ministro de Gobernación
1891 - 1892
Sucesor:


Raimundo Fernández Villaverde

Predecesor:
Pedro Salaverría
 Gobernador do Banco de España 
1877-1878
Sucesor:
Martín Belda y Mencía del Barrio

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En vida, os concellos de Baiona, Tui e Vigo (1887) adicáronlle o nome de senllas rúas.[12] O 23 de agosto de 1896 inaugurouse un monumento en Vigo, feito por subscrición popular, obra do escultor Agustí Querol i Subirats[13] e o arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, que logo sería desprazado en dúas ocasións e está situado, actualmente, nos xardíns de Montero Ríos.[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]