Diccionario de escritores en lingua galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diccionario de escritores en lingua galega
Autor/aFrancisco Fernández del Riego
CubertaX. Vizoso
OrixeEspaña
Linguagalego
Tema(s)biografías, literatura galega
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.19922 [1990]
Páxinas760 (2ª ed.)
editar datos en Wikidata ]

O Diccionario de escritores en lingua galega é unha obra escrita por Francisco Fernández del Riego, un dos principais artífices da editorial Galaxia. A primeira edición foi publicada no ano 1990, e houbo unha segunda, corrixida e aumentada, no ano 1992. É un dicionario sobre os principais escritores en lingua galega, baseado nun criterio idiomático, é dicir, menciona a todos os escritores que se expresaron en galego.

Criterios de selección[editar | editar a fonte]

Os criterios de selección dos autores e autoras que aparecen débense a diferentes motivos. A particularidade deste dicionario, débese principalmente á cuestión da fala. Non só en razón do idioma no que está redactado, senón porque del se exclúe a aqueles autores que sendo naturais do país e tratando temas galegos, se expresaron exclusivamente en lingua castelá.

Francisco Fernández del Riego


DICCIONARIO
DE
ESCRITORES
EN LINGUA GALEGA


Diccionario de escritores en lingua galega

EDICIOS DO CASTRO

En función da calidade literaria que posúa cada autor, atribúeselle un espazo determinado. Case todos teñen un posto, por modestos que sexan o seu enxeño e saber. Non existe un criterio filolóxico, o concepto deste dicionario defínese, pois, segundo un criterio idiomático.

Abrangue a todos aqueles escritores que se expresaron en galego sobre calquera asunto e con calquera característica. Polo tanto, non se refire soamente á produción puramente artístico-literaria, senón que tamén se ocupa da que é a expresión lóxica das ideas e das súas relacións coas diversas manifestacións da cultura.

Análise do libro[editar | editar a fonte]

Canto ás partes, poden diferenciarse dúas. Por un lado, hai un breve limiar ao comezo, de dúas follas.

O libro organízase nun conxunto heteroxéneo de escritores e materias que na obra se reflicte, mais non tenta, por outra banda, ningunha finalidade crítica. Ofréceselle ao lector unha panorámica da cultura galega de onte a hoxe, na que aparece alfabetizada a nómina de autores, tanto literarios como científicos, ou grandes e pequenos, que traballaron coa ferramenta do idioma propio nas diversas ramas das letras e das ciencias. É bastante abundante a cantidade de nomes e de datos, moitos dos cales saen á luz por primeira vez. Intenta pór á disposición do público unha información sumaria sobre a vida e o labor de cada un dos autores que sobre o tema que sexa, se expresaron en galego. Mesmo por iso, vén ser como un conxunto de datos e noticias, un arquivo que sintetiza informacións sobre a existencia e os traballos (literarios-científicos e de pescuda), de todos aqueles que lle emprestaron un servizo á cultura de Galicia desde os vellos tempos até os nosos días.

Figuran nas páxinas que seguen centos de notas que nutren os artigos breves ou menos breves. Ao corpo principal da obra engádeselle un apéndice coa nómina doutros escritores que fixeron un labor máis limitado. O dicionario non é, nin pode ser por propia definición, unha obra de lectura seguida. O seu propósito redúcese ao que caracteriza a publicacións deste tipo: o de servir de información e de consulta.

Engadido da segunda edición[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]