Boletín da Real Academia Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega,[1] despois Boletín de la Real Academia Gallega (ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. O adxectivo ‘’Real’’ úsase dende o número cinco.[2] A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Publícase por primeira vez na Coruña o 20 de maio de 1906,[1] aínda que ao principio a intención era que fose editado mensualmente, perdeu o seu carácter periódico. O seu primeiro director foi o autor Manuel Murguía.[3][4][5] Nos comezos colaboraban case exclusivamente os membros da Real Academia Galega.

Entre os anos 1936 e 1942 non houbo publicacións debido a Guerra Civil, despois a publicación do boletín foi bastante irregular, algunhas veces só se publicaba unha vez ao ano.[6] Pouco a pouco, o boletín foi mudando o seu carácter ata converterse nun boletín máis científico. Grazas a dixitalización, todos os número están dispoñibles en liña para a consulta.[6] Foi publicado ata o ano 1980 e 20 anos máis tarde retomouse a publicación pero esta vez de maneira anual. Todos os boletíns están agrupados en 33 tomos, agás os boletíns publicados a partir do ano 2000 que non están agrupados. As seccións son: Estudos, Documentos galegos, Bibliografía, Sección oficial e Publicacións recibidas.[5]

Nos primeiros volumes cobra importancia a "Sección oficial" onde hai discursos, adquisicións para a biblioteca, doazóns, ingresos de novos académicos etc.

Os últimos boletíns, dende o número 361, foron dedicados a Manuel Murguía (2000), Eladio Rodríguez González (2001), o Padre Sarmiento (2002), Antón Avilés de Taramancos (2003), Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas" (2004), Lorenzo Varela (2005), Manuel Lugrís Freire (2006), María Mariño (2007), Xosé María Álvarez Blázquez (2008), Ramón Piñeiro (2009), Uxío Novoneyra (2010), Lois Pereiro (2011), Valentín Paz Andrade (2012), Roberto Vidal Bolaño (2013), Xosé María Díaz Castro (2014) e Xosé Filgueira Valverde (2015).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ano 1, número 1 20 de maio de 1906.
  2. Ano 1, número 5 20 de setembro de 1906.
  3. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
  4. Cal, Rosa e Pérez Pais, María del Carmen (1993). Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega.
  5. 5,0 5,1 Vilavedra, D. (coord.): Diccionario da Literatura Galega II. Publicacións periódicas, pp. 76-77, Galaxia, ISBN 84-8288-137-X.
  6. 6,0 6,1 Boletíns da Real Academia Galega
  7. Últimos números

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]