María Victoria de la Fuente Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

María Vitoria de la Fuente Alonso, nada en Vigo en 1927 e finada en Madrid o 28 de setembro de 2009,[1] foi unha pintora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Filla e neta de arquitectos, a partir de 1945 pasa tempadas en Madrid, onde asiste ao estudo do pintor Xulio Moisés, quen lle dá clases de pintura. A finais desta década foi alumna libre da Escola de San Fernando.

Cubismo e expresionismo[editar | editar a fonte]

En 1953 empeza a participar en mostras colectivas. Viaxa a París e descobre directamente aos mestres do cubismo: Picasso, Braque e Juan Gris. Tamén viaxa aos Países Baixos para entusiasmarse con Rembrandt e Vermeer; e a Italia onde coñece as obras de Mario Sironi e Giorgio Morandi.

O seu interese pola pintura mural lévaa a realizar algúns traballos nesa técnica, nun estilo expresionista de factura lírica.

En 1962 obtén o premio da crítica pola súa exposición individual no Ateneo. En 1964 casa co pintor Máximo de Pablo e consegue os premios Abril e Familia Española, así como unha bolsa da Fundación March.

Nas Nacionais de Belas Artes de 1965 e 1967 obtivo a terceira e segunda medallas, respectivamente. Abandonará Madrid para instalarse no Levante español, nunha aldea de salinas e pescadores, pero segue visitando periodicamente a capital española e a súa cidade natal, onde realiza diversas exposicións.

Obra en museos[editar | editar a fonte]

Ten obra no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, nos de Galiza e noutros moitos de España, Europa e América.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]