Pilar Vázquez Cuesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilar Vázquez Cuesta
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Datos persoais
Nacemento 25 de abril de 1926 (91 anos)
Lugar Chantada, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Ensaio

Pilar Vázquez Cuesta, nada en Chantada o 25 de abril de 1926, é unha escritora e filóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Daniel Vázquez Campo, deputado nas constituíntes de 1931 pola ORGA, dedicou a súa vida ao ensino. Despois de exercer a docencia en Madrid e Salamanca, volveu en 1991 a Galicia, sendo a profesora Emérito de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago. Foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de Lisboa. Estudosa da cultura portuguesa e brasileira e á súa difusión en España, elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Gramática portuguesa, 1940.
  • A poesía portuguesa actual, 1976.
  • A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes, 1988, Europa-América.
  • O que um falante de português deve saber acerca do galego, 2002, Colibri.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.
  • Situación e perspectivas do Galego, en Congresso sobre a situação da língua portuguesa no mundo, 1985, ICALP, Lisboa.
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Henrique Monteagudo e Fernando Dacosta.

Obras sobre a autora[editar | editar a fonte]

  • Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta, 1996, Universidade de Santiago.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Literatura Gallega, en Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, 1980, Taurus, Madrid.
  • A nosa literatura: unha interpretación para hoxe, 1982, Xistral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]