Federación de Librarías de Galicia
| Federación de Librarías de Galicia | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata |

A Federación de Librarías de Galicia constituíuse o 29 de outubro de 1977 como unha asociación integrada polos libreiros con establecemento aberto en Galicia.[1]
Integrada actualmente por máis de 145 librarías de toda Galicia, leva máis de 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento do número de lectores con diversas campañas.
Descrición
[editar | editar a fonte]O obxectivo da asociación é promover e defender os intereses colectivos do sector libreiro. A Federación organiza e colabora na organización de actividades culturais, recreativas ou sociais, como os Premios Follas Novas. Ademais, participa activamente en datas especiais para o fomento da lectura: o Día das Letras Galegas, o Día do Libro, e Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Ten a súa sede na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
A composición da xunta directiva, dende decembro de 2023, é a seguinte:[2]
- Presidenta: Cielo Fernández (Librería Bahía, Foz).
- Vicepresidente: Óscar Porral (Libraría Bandini, Bertamiráns).
- Secretaria: Celia Fernández (Librería Espazo Lector Nobel, Ourense).
- Tesoureiro: Jacobo Rodríguez Agrasar (Librería Agrasar, Monforte de Lemos).
- Contadora: Patricia Porto (Libraría Lila de Lilith, Santiago de Compostela).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Quen somos"". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ https://www.librarias.org/es/junta-directiva