Ignacio de Loiola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santo Ignacio de Loiola
Retrato de Santo Ignacio
Biografía
Nacemento1491 en Azpeitia
Pasamento31 de xullo de 1556 en Roma
Proceso de canonización
Beatificación27 de xullo de 1609 por Paulo V
Canonización22 de maio de 1622 por Gregorio XV
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Comuñón Anglicana
Festividade31 de xullo
Calendario litúrxico31 de xullo, Memoria
Patrón/a deDiocese de San Sebastián

Santo Ignacio de Loiola, nado en Azpeitia en 1491 e finado en Roma o 31 de xullo de 1556, foi un relixioso vasco, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os xesuítas, unha compañía relixiosa católica establecida co fin de fortalecer a Igrexa, inicialmente contra o protestantismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado posibelmente a 24 de decembro de 1491, recibiu o nome de Íñigo López na localidade de Loiola (en castelán Loyola), no actual municipio de Azpeitia, a preto de vinte quilómetros ao suroeste de Donostia no País Vasco.

Ignacio foi o máis novo de trece irmáns. O seu pai faleceu cando tiña apenas sete anos de idade. En 1506, tornouse paxe dun familiar, Juan Velázquez de Cuellar, tesoureiro (contador mayor) do reino de Castela. Como cortesán, levou vida liviá.

En 1517, Ignacio tornouse militar. Gravemente ferido nunha batalla en Pamplona o (20 de maio de 1521), pasou meses impedido, no castelo do seu pai.

Aspiración relixiosa[editar | editar a fonte]

Durante o seu período de recuperación leu numerosos textos relixiosos sobre a vida de Xesuscristo e dos santos da Igrexa. Colleu teima coa idea ascética dunha vida de auto-abnegación, emulando os feitos heroicos de Francisco de Asís e outros líderes monásticos. Decidiu dedicar a súa vida á conversión dos infieis en Terra Santa.

Durante ese período, Ignacio desenvolveu os primeiros planos dos exercicios espirituais (Ejercicios espirituales), que chegarían a adquirir unha grande influencia na mudanza dos métodos de propaganda da Igrexa; "o muíño para onde todos os xesuítas son arrastrados; eles emerxen con caracteres e talentos diversos, mais as marcas impresas permanecerán indelébeis" (Cretineau-Joly).

Após ter recuperado a saúde, visitou o mosteiro dominico de Montserrat (25 de marzo de 1522), onde pendurou o seu equipamento militar perante unha imaxe da Nosa Señora. En breve entrou no mosteiro de Manresa (apenas morou nunha cela do mosteiro como hóspede, mais non era monxe), en Cataluña, onde practicou o máis rigoroso ascetismo

Dise que tivo visións. A Virxe viróuselle en obxecto dunha devoción cabaleiresca. Imaxes militares tomaron grande importancia na súa contemplación relixiosa.

Estudos en París[editar | editar a fonte]

En 1528 entrou para a Universidade de París, onde ficou sete anos e estendeu a súa educación literaria e teolóxica, tentando captar o interese dos outros estudantes para os seus exercicios espirituais. En 1534 tiña seis seguidores — Pedro Faber, Francisco Xabier, Alfonso Salmeron, Jacó Laines e Nicolau Bobedilla, dos diferentes reinos españois, e Simão Rodrigues, portugués.

Fundación da Compañía de Xesús[editar | editar a fonte]

En 15 de agosto de 1534 el e os outros seis fundaron a Compañía de Xesús na igrexa de Santa María, en Montmartre, "para efectuar traballo misioneiro e de apoio hospitalario en Xerusalén, ou para ir onde o Papa quixer, sen cuestionar". En 1537 eles viaxan a Italia para procurar a aprobación papal da súa compañía. O Papa Paulo III concedeulles unha recomendación e permitiu que fosen ordenados padres. Foron ordenados en Venecia polo bispo de Arbe (24 de xuño).

Dedicáronse inicialmente a pregar e a facer obras de caridade en Italia. A guerra re-encirrada entre o emperador, Venecia, o Papa e os turcos otománs, impedía calquera viaxe até Xerusalén ou cando menos facíaas pouco aconsellábeis.

Na compaña de Faber e Lainez, Ignacio viaxou a Roma en outubro de 1538, para pedirlle ao Papa a aprobación da nova compañía. A congregación de cardinais, deu unha opinión positiva á constitución presentada, e en 27 de setembro de 1540, o Papa Paulo III confirmou a compañía mediante a Bula "Regimini militantis Ecclesiae", que integra a "Fórmula do Instituto" onde está contida a lexislación substancial da nova compañía. O número dos seus membros foi, no entanto, limitado a 60. Esta limitación foi porén posteriormente abolida pola bula "Injunctum nobis" de 14 de marzo de 1543.

Superior Xeral Xesuíta[editar | editar a fonte]

Ignacio foi escollido como o primeiro Superior Xeral da Compañía de Xesús. Enviou os seus compañeiros como misioneiros para criaren escolas, liceos e seminarios por Europa toda.

En 1538 foran impresos os Exercicios espirituais, obxecto de inspección pola Inquisición romana, tendo sido no entanto autorizados.

Ignacio escribiu as Constitucións Xesuítas, adoptadas en 1554, que criaran unha organización xerarquicamente ríxida, enfatizando a absoluta auto-abnegación e a obediencia ao Papa e aos superiores xerárquicos (perinde ac cadaver, disciplinado como un cadáver, en palabras do mesmo Ignacio). O seu grande principio tornouse o lema dos xesuítas: Ad Majorem Dei Gloriam (Pola maior gloria de Deus).

Os xesuítas foron un gran factor no éxito da Contra-Reforma.

Morreu en Roma e foi canonizado a 12 de marzo de 1622 polo Papa Gregorio XV. Festéxase o seu día o 31 de xullo.