Olga Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla de Galiza.svg
Medalla Castelao Galiza Spain.png

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense en 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010[1], foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a Santiago de Compostela para licenciarse no ano 1955 en Filosofía e letras. Entre 1951 e 1954 ordenou e clasificou o Arquivo Diocesano de Ourense. Tras pertencer dende 1955 ó Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos, en 1958 ingresou por oposición no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, sendo destinada á Biblioteca Pública e ó Arquivo da Delegación de Facenda de Vigo. A súa actividade catalográfica e arquivística levouna a verificar, xa en Vigo, os catálogos da Fundación Penzol, o da biblioteca da Caixa de Aforros, os das bibliotecas da Escola de Comercio e do Instituto de Ensino Medio Santa Irene.

Dende 1968 foi directora do Arquivo Histórico Provincial e do Arquivo da Delegación de Facenda de Ourense. Dende 1972 foi Directora de sección do grupo de colaboradores Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense. Foi membro do Padroado da Fundación Penzol e tamén do Padroado Ramón Otero Pedrayo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia (1980) e ingresou na Real Academia Galega en novembro de 1986 cun discurso sobre As barcas e as barcaxes da provincia de Ourense no Antigo Réxime, respondido por Antonio Gil Merino. O discurso é unha achega á súa actividade investigadora, pois esta historiadora é un referente fundamental para o estudo da historia social, entre os séculos XIV e XIX, da provincia de Ourense.

Galardóns[editar | editar a fonte]

En 2014 Pilar Gallego creou a Fundación Olga Gallego para promover a conservación e difusión do patrimonio arquivístico e documental, mediante actividades de investigación e formación[2].

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • "Plata labrada que en 1601 había en Orense"; Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1949.
  • "La obra del entallador Aymon Pourchelet en Orense, 1580-1630"; Boletín Auriense, 1971.
  • Unha xoia bibliográfica da Biblioteca Penzol; 1972.
  • "Puertas y cerca de la ciudad de Orense"; Boletín Auriense, 1973.
  • "Demografía orensana desde el siglo XIV al XIX"; Boletín Auriense, 1973.
  • La peste en Orense desde el siglo XIV al XIX; 1973.
  • Sobre algunas ermitas orensanas; 1975
  • "De la provincia de Orense"; Boletín Auriense, 1976.
  • El Monasterio de Celanova a mediados del siglo XIX; 1977.
  • Catastro del Marqués de la Ensenada en Orense y Pontevedra, y su mecanización; 1976.
  • Arquivos, autonomía e dereitos cidadáns; 1978, con Pedro López Gómez.
  • Archivo Histórico Provincial de Orense; Ourense, 1978, con varios autores.
  • "Evolución de la propiedad de los montes en la provincia de Orense"; Boletín Auriense, 1978.
  • De textos y disposiciones legales impresos; 1979.
  • De los fondos documentales de los Archivos Históricos Provinciales; 1980, en colaboración con Pedro López Gómez.
  • Das coleccións bibliográficas e documentais da Fundación Penzol; 1980, con Pedro López Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]