José Antonio Parga Sanjurjo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Antonio Parga Sanjurjo | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1841 |
A Veiga | |
Falecemento | 12 de setembro de 1917 |
Viveiro | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, xuíz e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Antonio Parga Sanjurjo, nado en Piantón (A Veiga) o 11 de febreiro de 1841 e finado en Viveiro o 12 de setembro de 1917, foi un avogado, xuíz e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Raimundo Parga Mosquera e Dolores Sanjurjo Lamas. De novo viviu e fixo os primeiros estudos en Viveiro. Foi fiscal do xulgado de primeira instancia de Mondoñedo, maxistrado na Audiencia de Pontevedra e fiscal en Ourense, Palencia, Lugo e Madrid. Escribiu biografías e artigos históricos no Boletín de la Real Academia Gallega e Galicia, revista en que iniciou a publicación da novela La cueva de la doncella (1887-1889). Ingresou na Real Academia Galega o 28 de setembro de 1907.
Obras[editar | editar a fonte]
- Juício crítico del informe sobre crédito agrícola que emitió la Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago, 1885.
- La cueva de la doncella, editada en 2012 (ISBN 978-84-615-9800-7).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Dolores Acevedo Caballero.