Xoán Rof Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Rof Carballo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Juan Rof Carballo (cropped).jpg
Nacemento11 de xuño de 1905
 Lugo
Falecemento11 de outubro de 1994
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e escritor
PaiJuan Rof Codina
XénerosEnsaio
PremiosMedalla Castelao
Na rede
Dialnet: 20662
editar datos en Wikidata ]

Xoán Rof Carballo, nado en Lugo o 10 de xuño de 1905 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1994, foi un médico galego e un dos principais ensaístas da editorial Galaxia durante as décadas de 1950 e 1960, participando nalgunhas publicacións conxuntas realizadas por Galaxia como 7 ensayos sobre Rosalía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do veterinario Juan Rof Codina, mudouse coa súa familia á Coruña xa de novo. Licenciado en Medicina, cursou estudos en Compostela, Barcelona e Madrid. En 1932 prosegue a súa formación en Viena, e tras uns estudos en Colonia regresa a Madrid en 1933 para doutorarse xunto a Carlos Jiménez Díaz. O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Berlín, e non regresou a España ata o final da contenda, traballando nese período en Viena, Copenhague e París. Traballa con Jiménez Díaz ata 1948. En 1949 publica Patología Psicosomática, e a partir de 1950 comeza a colaborar con Gregorio Marañón, que o definiu como un "francotirador do espírito".

Pensamento[editar | editar a fonte]

O seu maior legado consiste nunha nova concepción das relacións entre médico e paciente, achegando novos métodos -máis próximos á psicoloxía que á medicina en si- no trato ós enfermos, o que o levou a ser considerado non exactamente como un doutor, senón como un "curador", como o definía Domingo García-Sabell. A súa obra é obxecto de diversos estudos.

Obras[editar | editar a fonte]

Entre os seus ensaios destacan títulos como Entre el silencio y la palabra (1957), Violencia y ternura (1967), Signos en el horizonte (1972) ou Los duendes del Prado (1990).

En 1957 publicou Mito e realidade da Terra Nai. Tamén colaborou activamente na revista Grial, con numerosos artigos.

Colectivas[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Malia o respecto que lle mostraban os seus contemporáneos intelectuais -como José Ortega y Gasset, que cualificou a súa obra de "volumen catedralicio"[Cómpre referencia]-, tan só nos últimos anos da súa vida comezou a recibir recoñecemento, ó ser nomeado membro da Real Academia de Medicina e da Real Academia Española.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Biografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]