Eladio Oviedo Arce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eladio Oviedo Arce
Nacemento20 de marzo de 1864
Lugar de nacementoNoia
Falecemento19 de xaneiro de 1918
Lugar de falecementoNoia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote, escritor e autor
Na rede
Galiciana: 41482 Dialnet: 3209979
editar datos en Wikidata ]

Eladio Oviedo Arce, nado en Noia o 20 de marzo de 1864 e finado na mesma vila o 19 de xaneiro de 1918, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo a carreira sacerdotal, doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Filosofía e Letras. Foi socio fundador da Real Academia Galega, profesor de Historia Eclesiástica e de Arqueoloxía Sagrada no seminario de Santiago de Compostela e ingresou no corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos do Estado e foi xefe do Arquivo Rexional de Galicia. Foi un dos partícipes da Exposición Rexional de 1909.

Como historiador foi discípulo de Antonio López Ferreiro, ao que substituíu dende 1889 nas súas clases no seminario. Escribiu monografías sobre a época medieval en Galicia, editou fragmentos en galego das Partidas de Afonso X o Sabio e colaborou na revista Galicia Histórica. Consideraba que a historia debía de achegar e lexitimar unha ideoloxía de corte tradicional e católica. Colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega e El Eco Popular.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Precedentes y estado actual de los estudios de arqueología sagrada, y papel que esta ciencia puede desempeñar como elemento de civilización católica, 1891.
  • "Consideraciones sobre el carácter religioso de los antiguos gremios", 1898, 36 pp.[1]
  • El autor de "Salve Regina", 1903.
  • El genuino "Martín Codax", juglar gallego del siglo XIII: según un apógrafo trecentista de su "cancionero", 1917, 110 pp. (coa colaboración musical de Santiago Tafall).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consideraciones..., ficha en Galiciana.
  2. El genuino...[sic] ficha en Galiciana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]