Xosé Luís Regueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Luís Regueira
Xosé Luís Regueira Fernández.jpg
Nacemento6 de xullo de 1958
Lugar de nacementoGoiriz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesor universitario e lingüista
EstudosFiloloxía Románica
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Regueira Fernández, nado en Goiriz (Vilalba) o 6 de xullo de 1958, é un lingüista galego. Desde 2018 dirixe o Instituto da Lingua Galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1982 licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, e en 1983 entregou a memoria de licenciatura, co título O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. En 1989 conseguiu o doutoramento, coa tese A fala do norte da Terra Chá: estudio descritivo.

Traballou como lector de castelán na Universidade de Colonia, e posteriormente incorporouse ao cadro académico da Universidade de Santiago, neste caso no departamento de Lingua Galega, onde é catedrático. A súa investigación estivo centrada na fonética e na fonoloxía da lingua galega.

É membro do Instituto da Lingua Galega desde 1981, ocupou durante anos o posto de secretario e desde xuño de 2018 é o seu director.[2] Tamén estivo vinculado á revista de investigación Cadernos de Lingua, da que actualmente (2011) é coordinador. O 23 de marzo de 2011 foi escollido académico da Real Academia Galega[3], lendo o 3 de xuño de 2012 o seu discurso de entrada.

Obra[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do Instituto da Lingua Galega". Galicia Confidencial. 25 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  2. "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do ILG da USC". USC. 25 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  3. Ingreso de Xosé Luís Regueira Fernández Arquivado 09 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Real Academia Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]