Asalto do bou Eva
Asalto do bou Eva | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | fuxida e asalto ![]() | |||
Parte de | represión franquista e exilio republicano español ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | porto de Vigo ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Data | 23 de abril de 1937 ![]() | |||
Implicados | ||||
Vítima | José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao ![]() | |||
No implicados | ||||
No mortes | 9 ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O asalto do bou Eva foi un intento de evasión de republicanos galegos para se exiliar logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.
Historia
[editar | editar a fonte]O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo. Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco. Arrimaron un barco alxibe do porto e asolagaron a bodega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense ós falanxistas.
Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]
Os pasaxeiros, de distinta orientación política, eran os galeguistas José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (curmáns de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), os socialistas Manuel Martínez Moroño, José Rodríguez Lorenzo e Fernando Rodríguez Lorenzo, e os comunistas Luís Álvarez González, Camilo Campos Méndez e o matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira.
- José Losada Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Afiliado ó Partido Galeguista, curmán de Castelao. Suicidouse con 45 anos.[1]
- Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Curmán de Castelao. Suicidouse con 31 anos.[2]
- Manuel Martínez Moroño, nado en Vigo e de profesión mariñeiro. Suicidouse con 44 anos.[3]
- José Rodríguez Lorenzo, natural de Sárdoma, Vigo, e de profesión albanel. Suicidouse con 30 anos.[4]
- Fernando Rodríguez Lorenzo, nado en Vigo e de profesión albanel. Suicidouse con 37 anos.[5]
- Luis Álvarez González, nado en Becerreá mais residente en Vigo, era obreiro naval en Barreras. Suicidouse con 30 anos.[6]
- Camilo Campos Méndez, nado en Celanova mais residente en Vigo, era barbeiro. Suicidouse con 33 anos.[7]
- Carmen Miguel Agra, nada en Vigo, de profesión ama de casa. Suicidouse con 24 anos.[8]
- Anxo Nogueira Nogueira, nado en Vigo e afiliado á UXT. Suicidouse con 30 anos.[9]
Repercusión
[editar | editar a fonte]O suceso foi omitido polo réxime de Francisco Franco, e nulamente difundido durante a Transición española. Segundo Xesús Alonso Montero, presidente do Foro pola Memoria:
Un suicidio colectivo coma o do bou Eva non sucedeu en ningún outro lugar durante a Guerra Civil [...] se este país estivese normalizado, a historia do bou Eva estaría reflectida xa en películas, en libros ou no teatro.
O relato curto "Trae os mistos, arriba España" de Inma López Silva toma como base o asalto do bou Eva. Publicado por primeira vez en 2003,[10] está recollido no seu libro Tinta (2012).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Losada Castelao. na base de datos Nomes e voces.
- ↑ Manuel Rodríguez Castelao na base de datos Nomes e voces.
- ↑ Manuel Martínez Moroño na base de datos Nomes e voces.
- ↑ José Rodríguez Lorenzo na base de datos Nomes e voces.
- ↑ Fernando Rodríguez Lorenzo na base de datos Nomes e voces.
- ↑ Luis Álvarez González na base de datos Nomes e voces.
- ↑ Camilo Campos Méndez na base de datos Nomes e voces.
- ↑ Carmen Miguel Agra na base de datos Nomes e voces.
- ↑ Anxo Nogueira Nogueira na base de datos Nomes e voces.
- ↑ "Trae os mistos, arriba España". Dialnet. Consultado o 22 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Salgado, Daniel (13/1/2007). "Preparan unha homenaxe ás nove vítimas do bou 'Eva'", El País (en castelán).
- O Foro pola Memoria lembrará o desastre do bou "Eva" (Galicia-Hoxe).
- Historias para non esquecer. Matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira.
- La crueldad facciosa, ABC (Madrid), 22/05/1937, páx. 13 (en castelán).
- Asociación Cultural Bou Eva