Xesús Carro
Xesús Carro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de decembro de 1884 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 8 de decembro de 1973 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sacerdote e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Após do alzamento militar de 1936, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguíu salvar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos da destrucción. "O máis brutal atentado que se fixo con Galiza" en palabras de Isaac Díaz Pardo. Carro conseguiu rescatar, entre outras cousas, as láminas das miniaturas do Códice Calixtino.[1]
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941[2] e foi correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.
Obras[editar | editar a fonte]
- Las catedrales gallegas, 1950.
- Estudios jacobeos, 1954.
- A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia, 1965.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Prado-Vilar, Francisco (2020-07-26). "El sueño de Galicia y el Códice Calixtino". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Xesús Carro na páxina da RAG.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesús Carro ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores
- Diccionario de escritores en lingua galega
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Beiras, Xosé Manuel: «Figuración sen mesturas de don Xesús Carro García» Compostela, primavera do 1986.